Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 26 Xoves, 06 de febreiro de 2003 Páx. 1.367

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO TRES DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de notificación de sentencia (244/2002).

En Santiago de Compostela, quince de novembro de dous mil dous.

En nome de El-Rei.

Leonor Castro Calvo, maxistrado xuíz de Instrucción, visto e oído en xuízo oral e público esta causa xuízo de faltas 244/2002, seguida por unha falta de lesións sendo parte ademais do Ministerio Fiscal, Juan Manuel Seara Firvida, en calidade de denunciante, e como denunciado Iván Pallas Paz, pronunciou a seguinte sentencia:

«Antecedentes de feito.

Único.-O Ministerio Fiscal no acto do xuízo oral non formulou acusación.

Feitos probados.

Juan Manuel Seara Firvida formulou denuncia o día 10 de maio de 2002, contra Iván Pallas Paz na que o acusa de lesións, feitos estes que non quedaron acreditados no acto de xuízo de faltas.

Fundamentos de dereito.

Primeiro.-Segundo doutrina sentada polo Tribunal Constitucional (sentencia 18-4-1985), no sistema penal español rexe o principio acusatorio conforme o cal a facultade de xulgar depende de que algunha das partes procesuais, xa sexa o Ministerio Fiscal ou o acusador particular exerzan a acción penal, pois só neste caso poderá o xuíz dictar sentencia condenatoria, quedando en caso de falta de acusación, vinculado por este e compelido a dictar sentencia absolutoria.

En consecuencia, facendo aplicación do exposto ó presente caso, ó non soster acusación (en trámite de conclusións), ningunha das partes, sen que vistas as circunstancias do caso procede facer uso da facultade establecida no artigo 644 da LAC nin por analoxía do previsto no artigo 733 do mesmo corpo penal procede dictar sentencia absolutoria.

Segundo.-As custas deben ser declaradas de oficio, conforme os artigos 123 do Código penal e 239 e 240 da LAC.

Vistos os artigos citados e demais de xeral e pertinente aplicación.

Decido: debo absolver e absolvo a Iván Pallas Paz, con declaración de custas de oficio.

Esta resolución non é firme e contra ela cabe interpor recurso de apelación en ámbolos efectos neste xulgado perante a Audiencia Provincial da Coruña, Sección Sexta con sede en Santiago de Compostela no prazo de cinco días desde a súa notificación.

Así por esta miña sentencia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

Publicación. Dada, lida e publicada foi a anterior sentencia polo mesmo xuíz que a dictou, estando

celebrando audiencia pública en Santiago de Compostela o vinteún de novembro de dous mil dous, do que eu, secretario, dou fe.

Rubricado