Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 26 Xoves, 06 de febreiro de 2003 Páx. 1.368

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO DOUS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (838/2001).

Camilo José García Puertas Magariños, secretario do Xulgado do Social número dous dos de Santiago de Compostela, fago saber que neste Xulgado do Social se segue procedemento número 838/2001, por instancia de Juan Ramón Villar Ferreiro, contra a empresa Juan Carlos Míguez Iglesias, sobre cantidade, estando o acto de conciliación e xuízo sinalado para o próximo día 13 de xaneiro de 2003 ás 9.35 horas, cítase en única convocatoria a empresa Juan Carlos Míguez Iglesias, que tivo o seu domicilio na rúa Rosalía de Castro, 11, 3º C de Ames (A Coruña) e hoxe en paradoiro ignorado para que acompañado de tódolos medios de proba de que se intente valer, compareza neste xulgado, sito na rúa Viena, polígono das Fontiñas, co fin de asistir á celebración do acto de conciliación e xuízo correspondente. Advertíndolle que as sucesivas dilixencias se lle notificarán nos estrados desde xulgado, agás aquelas que expresamente exceptúa a Lei de procedemento laboral e fáiselle saber que a copia da demanda

está á súa disposición na secretaría deste xulgado. Cítase o representante legal da referida empresa cos apercibimentos do artigo 91.3º da Lei de procedemento laboral, en relación co artigo 304 da LAC en relación co artigo 292 da mencionada lei.

E para que conste e sirva de notificación e citación á empresa Juan Carlos Míguez Iglesias expídese o presente edicto en Santiago de Compostela o 23 de decembro de 2002.

O secretario

Rubricado