Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 24 Martes, 04 de febreiro de 2003 Páx. 1.287

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO de concurso aberto para a contratación da concesión administrativa do servicio público de contenerización, recollida e transporte de materiais reciclables no Concello de Vigo.

1. Entidade que adxudica: Organismo: Concello de Vigo. Dependencia: Limpeza. Nº expediente 15547/240.

2. Obxecto do contrato: descrición: contenerización, recollida e transporte de materiais reciclables.

Lugar de execución: Vigo.

Prazo: o contrato rematará o 31-3-2017.

A execución do contrato comprende a execución das obras.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto.

Forma: concurso.

4. Canon mínimo que aboará o concello:

1.836.428,14 euros/ano.

5. Garantías: provisional: 514.199,87 euros.

6. Obtención da documentación e información: rexistro xeral do Concello de Vigo, Praza do Rei s/n, 36202 Vigo, teléfono 986 81 01 48, fax 986 22 62 06.

Data límite para solicitar documentación: ata o día de finalización do prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista: a solvencia económica, financeira e técnica acreditarase na forma prevista na cláusula XIV, letras e) e f), do prego de cláusulas administrativas.

8. Presentación de ofertas: prazo: 20 días naturais seguintes á publicación do derradeiro anuncio de licitación no BOE, DOG e BOP.

Documentación: a esixida na cláusula XIV do prego de condicións administrativas.

Lugar de presentación: véxase punto 6 do anuncio.

Prazo da obriga de mante-la oferta: 3 meses contados desde o día da apertura de proposicións.

9. Apertura das ofertas: entidade, domicilio e localidade: véxase punto 6 do anuncio.

Data e hora: 10 horas do primeiro martes seguinte ó día en que remate o prazo de presentación de ofertas.

10. Outras informacións:

11. Gastos dos anuncios: pagaraos o adxudicatario e non superarán a cantidade de 2.000 euros.

12. Páxina web para obtención de información: www.vigo.org

Vigo, 17 de xaneiro de 2003.

Lois Pérez Castrillo

Alcalde