Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 24 Martes, 04 de febreiro de 2003 Páx. 1.288

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO de concurso aberto para a contratación da elaboración e desenvolvemento da campaña de información da actividade municipal do Concello de Vigo «O concello informa».

1. Entidade que adxudica: organismo: Concello de Vigo. Dependencia: Alcaldía. Nº de expediente: 453/101.

2. Obxecto do contrato: descrición: elaboración e desenvolvemento dunha campaña de información da actividade municipal.

Lugar de execución: Vigo.

Prazo: a campaña finalizará o 31-12-2003.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto.

Forma: concurso.

4. Orzamento: 190.000 euros.

5. Garantía provisional: non se esixe.

6. Obtención de documentación e información: rexistro xeral do Concello de Vigo, Praza do Rei, s/n, 36202 Vigo, teléfono: 986 81 01 48, fax: 986 22 62 06.

Data límite para solicitar documentación: ata o día de finalización do prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista: clasificación: grupo T, subgrupo 1, categoría b.

Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: artigos 16 e 19 do R.D.L. 2/2000, do 16 de xuño.

8. Presentación de ofertas: prazo: 15 días naturais seguintes á publicación do derradeiro anuncio de licitación no DOG e BOP.

Documentación: a esixida na cláusula X do prego de condicións administrativas.

Lugar de presentación: véxase punto 6 do anuncio.

Prazo da obriga de mante-la oferta: 3 meses contados desde o día da apertura de proposicións.

Variantes: non se admiten.

9. Apertura de ofertas: entidade, domicilio e localidade: véxase punto 6 do anuncio.

Data e hora: 10 horas do primeiro martes seguinte ó día en que remate o prazo de presentación de ofertas.

10. Outras informacións.

11. Gastos de anuncios: pagaraos o adxudicatario.

12. Páxina web para obtención de información: www.vigo.org.

Vigo, 22 de xaneiro de 2003.

Lois Pérez Castrillo

Alcalde