Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 24 Martes, 04 de febreiro de 2003 Páx. 1.287

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SARRIA

ANUNCIO.

A Comisión de Goberno deste concello, en sesión ordinaria que tivo lugar o día dezasete de decembro de dous mil dous, aprobou definitivamente o proxecto de dotación de servicios en rúa transversal á rúa Calvo Sotelo e Camiño de Mendrós, promovido por este concello e redactado por Monsa Urbanismo.

Contra o citado acordo os interesados poderán interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Lugo, durante o prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da última publicación oficial.

Así mesmo, advírtese que tamén se poderá utilizar calquera outro recurso que se considere pertinente, así como exerce-las accións que procedan ante a xurisdicción competente.

Sarria, 14 de xaneiro de 2003.

Claudio M. Garrido Martínez

Alcalde