Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 24 Martes, 04 de febreiro de 2003 Páx. 1.269

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE FENE

EDICTO.

A Comisión de Goberno, en sesión ordinaria celebrada con data do 13 de decembro de 2002, aprobou as bases que rexerán a convocatoria das prazas que figuran incluídas na oferta pública de emprego 2002, co seguinte texto:

Bases para a provisión en propiedade polo procedemento de oposición libre, dunha praza de policía local, incluída na oferta de emprego público para 2002.

Primeira.-Obxecto da convocatoria.

A provisión, polo procedemento de oposición libre, dunha praza de policía local, incluída na oferta de emprego público para 2002, e encadrada na escala de administración especial, subescala de servicios especiais, clase policía local e categoría policía local, dotada coas retribucións correspondentes ó grupo D, do artigo 25 da Lei 30/1984, e demais emolumentos acordados por esta corporación e concretados na correspondente relación orzamentaria.

A idade de xubilación será ós 65 anos.

Esta convocatoria adáptase á normativa da Lei 30/1992, do 23 de marzo, de coordinación das policías locais, e da Lei 4/1992, do 9 de abril, de creación da Academia Galega de Seguridade, e ó Decreto 121/1995, do 20 de abril, da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais da Xunta de Galicia.

Os aspirantes propostos por supera-las probas selectivas e despois de cumpri-los requisitos formais establecidos nesta convocatoria serán nomeados funcionarios en prácticas, e para efectua-lo seu nomeamento como policía local en propiedade será requisito indispensable a superación dun curso selectivo de formación teórico-práctico na Academia Galega de Seguridade.

Segunda.-Condicións dos aspirantes.

Para participar nas probas selectivas, os aspirantes terán de reuni-las seguintes condicións:

a) Ser español.

b) Ter cumpridos 18 anos de idade e non excede-la idade de 30 anos o día que finalice o prazo de presentación de solicitudes.

c) Estar en posesión do título de graduado escolar, formación profesional de primeiro grao ou equivalente, ou estar en condicións de obtelo na data na que remate o prazo de presentación de solicitudes.

d) Ter unha estatura mínima de 1,70 metros os aspirantes homes, e de 1,65 metros as mulleres.

e) Non padecer enfermidade ou defecto físico ou psíquico que impida o exercicio das funcións da policía local.

f) Non ter sido arredado, mediante expediente disciplinario, do servicio do Estado, comunidades autónomas ou Administración local, nin estar inhabilitado para o exercicio das funcións públicas.

g) Estar en posesión dos permisos de conducir clase A, e B (Bh de SP.PM 3.500 kg).

h) Acredita-la aptitude física mediante a presentación dun certificado médico, no que se faga constar que o aspirante reúne as condicións físicas e sanitarias necesarias e suficientes para a realización das

probas físicas que figuran especificadas nesta convocatoria.

i) Compromiso de portar armas e, se fose o caso, de chegar a utilizalas, que se prestará mediante declaración xurada e por escrito.

Tódolos requisitos deberán ser referidos á data na que expire o prazo de presentación de solicitudes.

Terceira.-Presentación de instancias.

As instancias para tomar parte na oposición serán dirixidas ó señor alcalde-presidente da corporación, facendo constar que se reúnen todos e cada un dos requisitos esixidos na base anterior, e presentaranse no prazo dos vinte días naturais a partir do seguinte ó da publicación do extracto da convocatoria no Boletín Oficial del Estado, sendo admitidas igualmente as presentadas con anterioridade ó prazo antes indicado, unha vez publicada a convocatoria no BOP ou no Diario Oficial de Galicia.

As instancias presentaranse directamente no rexistro xeral da corporación ou a través do procedemento establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Ás instancias solicitando tomar parte na oposición, unirase a seguinte documentación, de conformidade co artigo 24 da Lei 30/1992, do 23 de marzo:

a) Fotocopia do DNI.

b) Fotocopia dos permisos de conducir.

c) Certificado médico de aptitude física, letra h) da base 2ª.

d) Xustificante de ter aboado os dereitos de exame, que se fixan en 15 euros, agás os solicitantes en paro que estarán exentos logo de xustificación mediante certificación expedida pola oficina de emprego de conforme non perciben ningún tipo de prestación.

Cuarta.-Admisión de aspirantes.

Expirado o prazo de presentación de instancias, o presidente da corporación dictará resolución pola que se aprobará a lista provisional de admitidos e excluídos, que será publicada no BOP e no taboleiro de edictos da casa do concello, concedéndose un prazo de dez días para reclamacións.

Estas reclamacións, se as houbera, serán resoltas polo órgano que aprobou a lista provisional, aprobándoas ou rexeitándoas e aprobando a lista definitiva, que será publicada na mesma forma que a provisional. Nesta mesma resolución incluirase a composición do tribunal e a hora de comezo dos exercicios.

Quinta.-Tribunal cualificador.

O tribunal que xulgará as probas de que consta a oposición estará constituído de acordo, fundamentalmente, co Decreto 121/1995, do 20 de abril, da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións laborais da Xunta de Galicia, sendo a súa composición a seguinte:

-Presidente: o da corporación ou membro dela en quen delegue.

-Secretario: o da corporación ou funcionario dela en quen delegue.

-Vocais:

Un representante da Xunta de Galicia, designado consonte o Decreto 121/1995.

Un representante da Xefatura Provincial de Tráfico.

O secretario do concello ou funcionario en quen delegue.

Un representante dos traballadores.

Un representante de cada grupo político municipal (BNG, PP, PSOE e EU-IU).

A composición do tribunal farase pública no BOP, e contra os designados poderán os aspirantes facer uso do dereito de recusación cando concorran as circunstancias determinadas na lei.

O tribunal quedará integrado ademais polos respectivos suplentes. Tódolos membros do tribunal deberán contar con titulación igual ou superior á esixida para o acceso á praza, agás o presidente.

O tribunal non poderá constituírse nin actuar sen a asistencia de máis da metade dos seus membros, titulares ou suplentes, indistintamente. En todo caso requirirase a asistencia do presidente e o secretario, ou persoas nas que delegue.

Os membros do tribunal deberán absterse de intervir, notificándollo á autoridade convocante, cando concorran neles algunha das circunstancias previstas no artigo 28 e 29 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou cando realizaran tarefas de preparación de aspirantes a probas selectivas nos cinco anos anteriores á publicación da correspondente convocatoria.

Tamén poderá disporse a incorporación ós seus traballos de asesores especialistas para as probas correspondentes dos exercicios, que estimen pertinentes, limitándose os asesores a presta-la colaboración nas súas especialidades técnicas.

Sexta.-Comezo e desenvolvemento dos exercicios.

Os exercicios da oposición non poderán comezar ata transcorridos dous meses desde a data na que apareza publicada a presente convocatoria no BOP, anunciando quince días antes de comeza-lo primeiro exercicio, no mesmo medio, o día, a hora e o local no que terá lugar. Este anuncio poderá ser substituído por citación persoal ós aspirantes, debendo constar no expediente a xustificación de terse recibida a notificación. A convocatoria para os seguintes exercicios será efectuada no taboleiro de edictos da casa do concello, debendo transcorrer, como mínimo, corenta e oito horas entre a celebración dun exercicio e o comezo do seguinte. Os opositores serán convocados para cada exercicio en chamamento único, agás casos de forza maior debidamente xustificados e apreciados libremente polo tribunal. Acreditarán a súa personalidade coa exhibición do DNI.

Sétima.-Exercicios da oposición.

A oposición comporase dos seguintes exercicios:

Primeiro exercicio.

Antes de iniciarse este, procederase á medición dos aspirantes para comprobar que teñen a estatura mínima esixida. Así mesmo, procederase a realiza-la proba psicolóxica, que estará dirixida a determina-la aptitude psicolóxica e adecuación á función policial que hai que desempeñar. Esta proba cualificarase como apto ou non apto. A declaración de non apto nesta proba suporá que o aspirante quedará eliminado, non podendo continuar coa práctica das restantes probas.

No suposto de que as probas do primeiro exercicio fosen sinaladas todas para a mesma data, a proba de aptitude psicolóxica será a primeira e tódalas restantes celebraranse condicionadas a superara-la proba psicolóxica, e no suposto de non ser declarado apto algún aspirante, considerarase que non foron realizadas as seguintes probas e será declarado non apto na cualificación do exercicio.

Este primeiro exercicio é de carácter obrigatorio e consistirá na realización das seguintes probas físicas:

a) Gabear unha corda de 4 m estilo libre. Daranse dúas oportunidades para esta proba.

b) Carreira de 100 metros lisos nun tempo máximo de 14,30 segundos para os aspirantes masculinos e de 15,50 segundos para as aspirantes femininas.

c) Carreira de 1.000 metros lisos nun tempo máximo de 3 minutos e 30 segundos para os aspirantes masculinos e de 3 minutos 50 segundos para as aspirantes femininas.

d) Salto de lonxitude con carreira: 4 metros para os aspirantes masculinos e 3,60 metros para as aspirantes femininas. Daranse dúas oportunidades para esta proba.

Para seren admitidos á realización deste exercicio, os aspirantes terán de achegar coa solicitude para tomar parte na oposición un certificado médico acreditativo de que reúnen as condicións físicas necesarias. Así mesmo, terán de ser declarados aptos na proba psicotécnica que se realizará antes do comezo do exercicio.

A cualificación deste exercicio será a de apto ou non apto, sendo preciso superar todas e cada unha das probas físicas. A cualificación de non apto, en calquera das probas físicas, elimina ó opositor para continua-los exercicios sucesivos da oposición.

Segundo exercicio.

De carácter obrigatorio e eliminatorio, consistirá en cubrir por escrito un cuestionario de 60 preguntas con respostas alternativas referente ó contido do programa que figura como anexo desta convocatoria, nun tempo máximo de 45 minutos. Esta proba puntuará cun máximo de 10 puntos, sendo eliminados os opositores que non acaden un mínimo de cinco

puntos. Cada pregunta mal contestada será penalizada con cero coma dez (0,10) puntos e cada pregunta que se deixe sen contestar penalizarase con cero coma cero cinco (0,05) puntos. Para superar este exercicio será preciso ter un mínimo do 60% de respostas correctas.

Terceiro exercicio.

De carácter obrigatorio e escrito, está dividido en dúas partes, da forma seguinte:

1ª parte: consistirá en cubrir un cuestionario de 40 preguntas con respostas alternativas sobre coñecementos do termo municipal de Fene e en especial de xeografía, demografía, entidades, división electoral, administrativa, urbanismo, ordenanzas, etc. Esta proba puntuará cun máximo de 7 puntos. Cada pregunta mal contestada será penalizada con cero coma dez (0,10) puntos e cada pregunta que se deixe sen contestar penalizarase con cero coma cero cinco (0,05 ) puntos.

Para superar este exercicio será preciso ter un mínimo do 60% de respostas correctas e acadar unha puntuación mínima de cinco puntos para superalo.

2ª parte: consistirá en asentar sobre un mapa do termo municipal, sen indicativos, as entidades de poboación, rúas, edificios públicos, etc., que fixe o tribunal. Esta proba puntuará cun máximo de 3 puntos.

Para a celebración deste exercicio fíxase como tempo máximo para a súa resolución de 60 minutos en total.

Cuarto exercicio.

De carácter obrigatorio e escrito, consistirá en desenvolver un parte por escrito, dun suposto práctico, relativo ás funcións da policía local, que determine o tribunal, nun tempo máximo de unha hora. Este exercicio será cualificado ata un máximo de dez puntos, sendo eliminados os opositores que non acaden un mínimo de cinco puntos.

Quinto exercicio.

De carácter obrigatorio, non eliminatorio e escrito sobre coñecemento do idioma galego, a nivel de perfeccionamento, consistente en traducir para o galego un texto que facilitará o tribunal en castelán, nun tempo máximo de trinta minutos e será cualificado ata un máximo de cinco puntos. A puntuación deste exercicio sumarase á obtida no resto das probas.

Oitava.-Cualificación dos exercicios.

As cualificacións dos aspirantes aprobados en cada exercicio publicaranse no mesmo día en que se acorden, no taboleiro de edictos da corporación.

A cualificación final e a orde de cualificación dos aspirantes aprobados virá dado pola suma das puntuacións obtidas no conxunto das probas.

Novena.-Relación de aprobados, presentación de documentación e nomeamento.

Rematada a cualificación dos aspirantes, o tribunal publicará a relación de aprobados, por orde de puntuación, que de acordo co establecido na vixente lexislación, non poderá exceder do número de prazas convocadas, que neste caso é de dúas, e remitirá a proposta de nomeamento xuntamente coa acta da última sesión ó presidente da corporación a quen compete face-lo nomeamento correspondente.

No prazo de 20 días naturais contados desde o seguinte ó da publicación da lista de aprobados, estes deberán presentar no rexistro da corporación os seguintes documentos e que non achegasen coa solicitude.

a) Copia autenticada do DNI.

b) Copia autenticada do certificado de graduado escolar, formación profesional de primeiro grao ou equivalente.

c) Declaración xurada de non ter sido apartado, mediante expediente disciplinario, do servicio de ningunha administración pública nin estar inhabilitado para o exercicio das funcións públicas.

d) Declaración xurada de non estar incurso en causa de incapacidade ou incompatibilidade.

e) Certificación acreditativa de non padecer enfermidade ou defecto físico que impida o normal exercicio da función, expedido pola Xefatura Provincial de Sanidade.

f) Fotocopia debidamente autenticada do permiso de conducir, clases A e B.

g) Certificado de penais.

Quen tivera a condición de funcionarios públicos, estarán exentos de xustifica-las condicións e requisitos xa acreditados para obte-lo seu anterior nomeamento, debendo presentar unicamente certificado da Administración pública da que dependa, que acredite a súa condición e os documentos non achegados para o seu anterior nomeamento.

Cumpridos os requisitos anteriores, o presidente da corporación fará o nomeamento dos aspirantes propostos como policías locais en prácticas, debendo tomar posesión do cargo no prazo dun mes, contado desde o día seguinte a aquel en que lles sexa notificado o nomeamento, quedando, noutro caso, en situación de cesante e anuladas tódalas súas actuacións, debendo superar un curso teórico-práctico na Academia Galega de Seguridade antes do seu nomeamento definitivo como funcionario de carreira. Os que non superen este curso en dúas convocatorias consecutivas como máximo perderán tódolos dereitos a esta praza.

Décima.-Incidencias.

O tribunal queda facultado para resolve-las dúbidas que se presenten e toma-los acordos necesarios para a boa orde da oposición en todo o non previsto nas bases.

Undécima.-Base final.

A presente convocatoria e tódolos actos administrativos que dela se deriven poderán ser impugnados polos interesados na forma establecida na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Programa do segundo e terceiro exercicios

Tema 1. A Constitución de 1978. Liñas xerais.

Tema 2. Dereitos e deberes fundamentais dos españois.

Tema 3. Organización territorial do Estado. Estatuto de autonomía de Galicia.

Tema 4. O municipio, organización e competencias. Órganos de Goberno. Comisións informativas.

Tema 5. O Concello Pleno. Integración e funcións. Comisións de Goberno. Comisións informativas.

Tema 6. A función pública local e a súa organización. Clases de funcionarios. Funcionarios de carreira. O persoal da policía local.

Tema 7. Lei 3/1992, do 23 de marzo, de coordinación das policías locais, Decreto 83/1996, do 29 de febreiro.

Tema 8. Lei orgánica 2/1986, de forzas e corpos de seguridade, con especial referencia á policía local e xuntas locais de seguridade.

Tema 9. Lei 1/1992, de protección da seguridade cidadá, ideas xerais.

Tema 10. A policía local como policía xudicial.

Tema 11. Ordenanza de xestión de residuos sólidos do Concello de Fene.

Tema 12. Ordenanza de masas forestais e de protección dos animais do Concello de Fene.

Tema 13. Decreto 90/2002, do 28 de febreiro, da Consellería de Medio Ambiente, polo que se regula a tenza de animais potencialmente perigosos na Comunidade Autónoma de Galicia e se crean os rexistros galegos de identificación de animais de compañía e potencialmente perigosos e de adestradores caninos.

Tema 14. Termo municipal de Fene. Situación xeográfica, división administrativa, electoral.

Tema 15. Dereito penal. Delictos e faltas e persoas responsables deles.

Tema 16. Circunstancias modificativas da responsabilidade criminal. Atenuantes, agravantes, eximentes e mixtas.

Tema 17. Dos atentados contra a autoridade e os seus axentes, da resistencia e desobediencia, inxurias e ameazas.

Tema 18. Delictos relacionados co uso de vehículos de motor.

Tema 19. Delictos contra a propiedade. Estudio do roubo e do furto.

Tema 20. Lei sobre o tráfico, circulación de vehículos de motor e seguridade vial. Obxecto da lei e ámbito de aplicación. Atribucións dos concellos. Órganos competentes.

Tema 21. Lei sobre o tráfico, circulación de vehículos de motor e seguridade vial. Parada e estacionamento, infraccións e sancións.

Tema 22. Ordenanza municipal de tráfico do Concello de Fene.

Tema 23. Elementos que interveñen na circulación. Ideas xerais.

Tema 24. Accidentes de tráfico, concepto e clases. Investigación de accidentes. Confección de atestados.

Tema 25. Sinais de circulación, preeminencia, clasificación.

Tema 26. Regulamento e procedemento sancionador en materia de tráfico.

Tema 27. Casos nos que os vehículos poderán ser retirados das vías públicas, inmobilizacións. Casos nos que os usuarios poderán ser sometidos ás probas de determinación alcohólica.

Bases que rexerán a convocatoria para a provisión en propiedade polo sistema de oposición libre de tres prazas de peón vacantes no cadro deste concello e incluídas na oferta de emprego público de 2002.

Primeira.-Obxecto da convocatoria.

É obxecto da presente convocatoria a provisión en propiedade, mediante oposición libre de tres prazas de peón, encadradas no grupo E, escala de administración especial, subescala de servicios especiais, clase persoal de oficios, e incluídas na oferta pública de emprego de 2002.

As bases da convocatoria publicaranse integramente no BOP, no Diario Oficial de Galicia e taboleiro de edictos do concello, anunciándose un extracto dela no Boletín Oficial del Estado. Os anuncios sucesivos, inseriranse soamente no primeiro dos boletíns citados, e no taboleiro de edictos.

Segunda.-Condicións dos aspirantes.

Os aspirantes para tomar parte na oposición libre deberán reuni-los requisitos seguintes, referidos á data na que remate o prazo de presentación de solicitudes.

a) Ser de nacionalidade española.

b) Ter cumpridos os 18 anos de idade ou te-la idade que a convocatoria estableza como mínima antes de que finalice o prazo de presentación de instancias, e non excede-la idade establecida como máxima para o ingreso no corpo ou escala.

c) Posuí-lo certificado de escolaridade ou equivalente.

d) Non padecer enfermidade ou eiva física que impida o normal exercicio da función.

e) Non estar incurso en causa de incapacidade ou incompatibilidade que determine a lexislación vixente.

f) Non ter sido separado mediante expediente disciplinario do servicio do Estado, Comunidade Autónoma ou Administración local, nin atoparse inhabilitado para o exercicio das funcións públicas.

Tódolos requisitos anteriores deberán terse no momento de remata-lo prazo de admisión de solicitudes e conservarse, polo menos ata a data do nomeamento.

Terceira.-Presentación de instancias e dereitos de exame.

As instancias polas que se solicita tomar parte no concurso-oposición libre, nas que os aspirantes manifestarán expresamente que reúnen todas e cada unha das condicións esixidas na base segunda, dirixiranse ó alcalde presidente e presentaranse no rexistro xeral do concello, durante o prazo de vinte días naturais contados a partir da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial del Estado.

As instancias poderán presentarse tamén na forma que determina o artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

No rexistro xeral do concello facilitaranse modelos normalizados das devanditas instancias.

Os dereitos de exame fíxanse na contía de 15 euros, agás os solicitantes en paro que estarán exentos logo de xustificación mediante certificación expedida pola oficina de emprego de conforme non perciben ningún tipo de prestación e terán de achegar xunto coa instancia a carta de pagamento acreditativa de ter ingresada a dita cantidade na Tesourería municipal do concello.

Cuarta.-Admisión de aspirantes.

Rematado o prazo de presentación de instancias, a alcaldía dictará resolución no prazo máximo dun mes, aprobando a lista de aspirantes admitidos e excluídos cos motivos da exclusión, e a designación do tribunal cualificador que se publicará no BOP e no taboleiro de edictos da corporación, concedéndose un prazo de 10 días para emenda polos aspirantes excluídos, dos defectos a que alude o artigo 71 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e a abstención e recusación dos membros dos tribunais. A publicación da devandita resolución no BOP será determinante, así mesmo, para efectos de posible impugnación e recursos, de conformidade co previsto na invocada lei.

A mencionada lista elevarase a definitiva polo transcurso do prazo para reclamacións, se non as

houbese; no caso contrario exporase de novo a lista definitiva, na mesma forma cá anterior.

Quinta.-Tribunal cualificador.

O tribunal que xulgará as probas de que conste o concurso-oposición, estará constituído do seguinte xeito:

Presidente: o alcalde presidente do concello, ou membro da corporación en quen delegue.

Secretario: o do concello ou funcionario en quen delegue.

Vocais:

Un representante da Xunta de Galicia.

O enxeñeiro municipal.

O secretario do concello.

Un representante da xunta de persoal.

O encargado da brigada de obras do concello.

Un concelleiro/a en representación de cada grupo político municipal (BNG, PP, PSOE, EU-IU).

O tribunal quedará integrado ademais polos respectivos suplentes. Tódolos membros do tribunal deberán contar con titulación igual ou superior á esixida para o acceso á praza, agás o presidente.

O tribunal non poderá constituírse nin actuar sen a asistencia de máis da metade dos seus membros, titulares ou suplentes, indistintamente. En todo caso requirirase a asistencia do presidente e o secretario, ou persoas nas que deleguen.

Os membros do tribunal deberán absterse de intervir, notificándollo á autoridade convocante, cando concorran neles algunha das circunstancias previstas no artigo 28 e 29 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou cando realizaran tarefas de preparación de aspirantes a probas selectivas nos cinco anos anteriores á publicación da correspondente convocatoria.

Os aspirantes poderán recusa-los membros do tribunal cando concorra calquera desas circunstancias.

Os tribunais poderán dispoñe-la incorporación de asesores especialistas para as probas en que así coiden necesario ou conveniente. Os ditos asesores limitaranse ó exercicio das súas especialidades técnicas, en función exclusivamente das cales colaborarán co respectivo tribunal.

A designación nominal dos membros dos tribunais incluirá a dos respectivos suplentes e será publicada no BOP, así como no taboleiro de edictos da corporación.

Sexta.-Sistema de selección e comezo e desenvolvemento dos exercicios.

O sistema de selección é oposición libre.

Os exercicios da oposición non poderán comezar ata transcorridos dous meses desde a data na que apareza publicada a presente convocatoria no BOP,

anunciando quince días antes de comeza-lo primeiro exercicio, no mesmo medio, o día, a hora e o local no que terá lugar. Este anuncio poderá ser substituído por citación persoal ós aspirantes, debendo constar no expediente a xustificación de terse recibido a notificación. A convocatoria para os seguintes exercicios será efectuada no taboleiro de edictos da casa do concello, debendo transcorrer, como mínimo, corenta e oito horas entre a celebración dun exercicio e o comezo do seguinte. Os opositores serán convocados para cada exercicio en chamamento único, agás casos de forza maior debidamente xustificados e apreciados libremente polo tribunal. As razóns e probas xustificativas formularanse dentro das 24 horas seguintes á celebración do exercicio e, de ser apreciadas polo tribunal, causarían a suspensión inmediata dos exercicios pendentes ata que non fose examinado do anterior exercicio o aspirante interesado. Acreditarán a súa personalidade coa exhibición do DNI.

Fase da oposición:

A oposición comprenderá os seguintes exercicios:

Primeiro exercicio.-De carácter obrigatorio e eliminatorio:

Consistirá nunha ou varias probas obxectivas de carácter manual, a libre elección do tribunal, entre os cometidos propios do oficio e no tempo que fixe o tribunal. Esta proba puntuará cun máximo de 10 puntos.

Segundo exercicio.-De carácter obrigatorio e eliminatorio, consistirá en cubrir por escrito un cuestionario de 40 preguntas con respostas alternativas referente ó contido do programa que figura como anexo desta convocatoria, nun tempo máximo de 45 minutos. Esta proba puntuará cun máximo de 10 puntos, sendo eliminados os opositores que non acaden un mínimo de cinco puntos. Cada pregunta mal contestada será penalizada con cero coma dez (0,10) puntos e cada pregunta que se deixe sen contestar penalizarase con cero coma cero cinco (0,05) puntos. Para superar este exercicio será preciso ter un mínimo do 60% de respostas correctas.

Terceiro exercicio.-De carácter obrigatorio e eliminatorio, consistirá en resolver dous problemas sobre as catro regras aritméticas e resolución de dúas contas segundo as condicións que fixe o tribunal, nun tempo máximo de un hora. Esta proba puntuará cun máximo de dez puntos.

Sétima.-Cualificación dos exercicios.

As cualificacións dos aspirantes aprobados en cada exercicio publicaranse no mesmo día en que se acorden, no taboleiro de edictos da corporación.

A cualificación final e a orde de cualificación dos aspirantes aprobados virá dado pola suma das puntuacións obtidas no conxunto das probas.

Oitava.-Relación de aprobados, presentación de documentos e nomeamento.

Rematada a cualificación dos aspirantes, o tribunal publicará a relación de aprobados, por orde de puntuación, que de acordo co establecido na vixente lexislación, non poderá excede-lo número de prazas convocadas, que neste caso é de dúas, e remitirá a proposta de nomeamento xuntamente coa acta da última sesión ó presidente da corporación a quen compete face-lo nomeamento correspondente.

No prazo de 20 días naturais contados desde o seguinte ó da publicación da lista de aprobados, estes deberán presentar no rexistro da corporación os seguintes documentos:

1. Fotocopia do DNI (que se presentará xunto co orixinal para a súa compulsa).

2. Copia auténtica ou fotocopia (que se presentará xunto co orixinal para a súa compulsa) do título de graduado escolar ou equivalente.

3. Declaración xurada de non atoparse incurso en causa de incapacidade ou inhabilitación para o exercicio de funcións públicas, así como non ter sido separado mediante expediente disciplinario do servicio do Estado, Comunidade Autónoma ou Administración local, nin atoparse inhabilitado para o exercicio das funcións públicas.

4. Certificado de non padecer enfermidade ou defecto físico que imposibilite o normal exercicio da función.

5. Os que tivesen a condición de funcionarios estarán exentos de xustificar documentalmente as condicións e requisitos xa demostrados para obte-lo seu anterior nomeamento, debendo presentar certificación da Administración á que pertenza.

Dentro do prazo indicado, agás os casos de forza maior, os opositores propostos que non presenten a súa documentación ou non reuniran os requisitos esixidos, non poderán ser nomeados e quedarán anuladas tódalas súas actuacións, sen prexuízo das responsabilidades nas que puideran incorrer por falsidade.

No prazo dun mes, contado desde a notificación do nomeamento, os aspirantes nomeados deberán tomar posesión do seu cargo, prestando xuramento ou promesa de conformidade co disposto no R.D. 707/1979, do 5 de abril, quedando en situación de cesante cando, sen causa xustificada, non o fixesen dentro do prazo sinalado.

Novena.-Resolución de dúbidas.

O tribunal queda autorizado para resolve-las dúbidas que se presenten e para toma-los acordos necesarios para a boa orde da oposición. En todo o non previsto nestas bases rexerá como supletorio, o R.D. 364/1995, do 19 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de ingreso, provisión de postos de traballo e promoción profesional; Real decreto 896/1991, do 7 de xuño, e demais normas aplicables.

Décima.-Impugnación da convocatoria e dos seus actos.

A presente convocatoria e as súas bases poderán recorrerse mediante a interposición do oportuno recurso. Os actos administrativos derivados da convocatoria e da actuación dos tribunais poderán ser impugnados polos interesados nos casos e na forma establecidos na Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

ANEXO I

Programa

1. A Constitución española de 1978. Principios xerais. Estructura e contido.

2. Dereitos fundamentais e liberdades públicas.

3. A organización territorial do Estado español. Diferentes tipos de de Administración: central, autonómica, local e institucional.

4. O Estatuto de autonomía de Galicia. O Parlamento de Galicia.

5. O municipio. O termo municipal e a poboación.

6. A organización municipal e as competencias dos seus órganos.

7. A función pública local: a súa organización e réxime xurídico. Dereitos e deberes dos funcionarios públicos.

8. Funcionarios públicos: situacións administrativas, incompatibilidades e réxime disciplinario.

9. O municipio de Fene. Límites. Poboación. Distribución electoral. Situación das parroquias e principais núcleos de poboación.

10. Localización dos lugares do Concello de Fene. Localización dos edificios destinados a servicios públicos e funcións que se levan a cabo neles.

Bases que rexerán a convocatoria para a provisión en propiedade polo sistema de oposición libre dunha praza de administrador/a de instalacións deportivas vacante no cadro deste concello e incluída na oferta de emprego público de 2002.

Primeira.-Obxecto da convocatoria.

É obxecto da presente convocatoria a provisión en propiedade, polo procedemento de oposición libre dunha praza de administrador/a de instalacións deportivas vacante no cadro de persoal desta corporación, integrada na escala de administración especial, subescala de servicios especiais, clase: cometidos especiais, grupo C, de conformidade co establecido no artigo 25 da Lei 30/1984, do 2 de agosto, dotada co soldo correspondente ó dito grupo, nivel de complemento de destino e demais emolumentos e retribucións que correspondan consonte a lexislación vixente e que a corporación teña fixados ou determine.

As bases da convocatoria publicaranse integramente no BOP, no Diario Oficial de Galicia e taboleiro de edictos do concello, anunciándose un extracto dela no Boletín Oficial del Estado. Os anuncios sucesivos, inseriranse soamente no primeiro dos boletíns citados, e no taboleiro de edictos.

Segunda.-Condicións dos/as aspirantes.

Os/as aspirantes para tomar parte na oposición libre deberán reuni-los requisitos seguintes, referidos á data na que remate o prazo de presentación de solicitudes.

a) Ser de nacionalidade española.

b) Ter cumpridos os 18 anos de idade ou te-la idade que a convocatoria estableza como mínima antes de que finalice o prazo de presentación de instancias, e non excede-la idade establecida como máxima para o ingreso no corpo ou escala.

c) Posuí-lo título de bacharelato, formación profesional de segundo grao, ou equivalente, ou atoparse en condicións de obtelo na data na que remate o prazo de presentación de instancias.

d) Non padecer enfermidade ou eiva física que impida o normal exercicio da función.

e) Non estar incurso/a en causa de incapacidade ou incompatibilidade que determine a lexislación vixente.

f) Non ter sido separado/a mediante expediente disciplinario do servicio do Estado, Comunidade Autónoma ou Administración local, nin atoparse inhabilitado/a para o exercicio das funcións públicas.

Tódolos requisitos anteriores deberán terse no momento de remata-lo prazo de admisión de solicitudes e conservarse, polo menos, ata a data do nomeamento.

Terceira.-Presentación de instancias e dereitos de exame.

As instancias polas que se solicita tomar parte na oposición libre, nas que os/as aspirantes manifestarán expresamente que reúnen todas e cada unha das condicións esixidas na base segunda, e que se comprometen, no caso de seren nomeados/as, a prestar xuramento ou promesa legal, consonte o establecido no R.D. 707/1979, do 5 de abril, dirixiranse ó alcalde presidente deste concello e presentaranse no seu rexistro xeral, en horario de 10 a 13 horas, durante o prazo de vinte días naturais contados desde o seguinte ó da publicación do extracto da convocatoria no Boletín Oficial del Estado.

As instancias poderán presentarse tamén na forma que determina o artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

No rexistro xeral do concello facilitaranse modelos normalizados das devanditas instancias.

Os dereitos de exame fíxanse na contía de 15 euros agás os/as solicitantes en paro que estarán exentos/as logo de xustificación mediante certificación expedida pola oficina de emprego de conforme non perciben ningún tipo de prestación, e terán que acompañar xunto coa instancia a carta de pagamento acreditativa de ter ingresada a dita cantidade na Tesourería municipal do concello e soamente serán devoltos no caso de seren excluídos/as da oposición, sempre que os/as interesados/as formulen reclamación en tal sentido no prazo dun mes a partir da publicación da lista de admitidos/as e excluídos/as no BOP.

Cuarta.-Admisión de aspirantes.

Rematado o prazo de presentación de instancias, o presidente da corporación dictará resolución no prazo máximo dun mes, aprobando a lista de aspirantes admitidos/as e excluídos/as cos motivos da exclusión. A lista farase pública no BOP e taboleiro de anuncios deste concello, concedéndose un prazo de quince días hábiles para efectos de reclamacións e de emenda de deficiencias que presentaren as instancias. As ditas reclamacións, se as houbera, serán aceptadas ou rexeitadas na resolución da Presidencia na que se aprobe a lista definitiva, que será feita pública na mesma forma indicada. Na mesma resolución incluirase a composición do tribunal que xulgará as probas, así como o lugar, a data e a hora de comezo do primeiro exercicio.

Para seren admitidos/as na práctica das probas selectivas, bastará con que os/as aspirantes manifesten nas instancias que reúnen todas e cada unha das condicións esixidas na base 2ª, referidas sempre á data de expiración de presentación de instancias, e que acheguen a elas o xustificante de ter aboado os dereitos de exame.

Quinta.-Tribunal cualificador.

O tribunal que xulgará as probas de que conste a oposición, estará constituído do seguinte xeito:

Presidente: o alcalde presidente do concello, ou membro da corporación en quen delegue.

Secretario: o/a do concello ou funcionario/a en quen delegue.

Vocais:

Un/ha representante da Comunidade Autónoma designado/a en forma regulamentaria.

O/a secretario/a do concello.

Un/ha funcionario/a de carreira designado/a polo presidente da corporación.

A directora técnica deportiva municipal.

O xestor das actividades de cultura, ensino, deportes e normalización lingüística.

Un/ha representante da xunta de persoal.

Un/ha concelleiro/a en representación de cada grupo político municipal (BNG, PP, PSOE, EU-IU).

O tribunal quedará integrado ademais polos respectivos suplentes. Tódolos membros do tribunal deberán contar con titulación igual ou superior á esixida para o acceso á praza, agás o presidente.

O tribunal non poderá constituírse nin actuar sen a asistencia de máis da metade dos seus membros, titulares ou suplentes, indistintamente. En todo caso requirirase a asistencia do/a presidente/a e o/as secretario/a, ou persoas nas que deleguen.

Os membros do tribunal deberán absterse de intervir, notificándollo á autoridade convocante, cando concorran neles algunha das circunstancias previstas no artigo 28 e 29 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou cando realizaran tarefas de preparación de aspirantes a probas selectivas nos cinco anos anteriores á publicación da correspondente convocatoria.

Os/as aspirantes poderán recusa-los membros do tribunal cando concorra calquera desas circunstancias.

Os tribunais poderán dispoñe-la incorporación de asesores/as especialistas para as probas en que así coiden necesario ou conveniente. Os/as ditos/as asesores/as limitaranse ó exercicio das súas especialidades técnicas, en función exclusivamente ás cales colaborarán co respectivo tribunal.

A designación nominal dos membros dos tribunais incluirá a dos respectivos suplentes e será publicada no BOP, así como no taboleiro de edictos da corporación.

Os membros do tribunal terán dereito a percibir de acordo coa súa categoría as asistencias e indemnizacións estipuladas legalmente.

Sexta.-Perfil da praza.

Serán funcións do/a administrador/a das instalacións deportivas municipais:

a) Executar e facer cumprir, baixo a superior dirección da presidencia da Comisión de Cultura, Xuventude, Ensino e Deportes ou concelleiro/a-delegado/a, os acordos dos órganos de goberno da corporación municipal.

b) Administrar e inspecciona-los servicios das instalacións deportivas municipais, baixo a superior dirección da Presidencia da Comisión de Cultura, Xuventude, Ensino e Deportes ou concelleiro/a-delegado/a.

c) Velar pola boa conservación das instalacións e do material para actividades, propoñendo para tal fin as medidas que crea necesarias e responsabilizarse do mantemento, asistencia e sostemento material de carácter xeral das instalacións, por medio do persoal necesario. Así mesmo, velar polo cumprimento da normativa de uso das instalacións deportivas municipais.

d) Supervisar e presta-la súa conformidade, xunto coa dirección técnica deportiva municipal, ós labores

das empresas adxudicatarias dos servicios de conserxería, vixilancia, limpeza e mantemento das instalacións deportivas municipais.

e) Expedi-los carnés de usuarios/as das instalacións deportivas municipais e cobra-las correspondentes taxas consonte coa normativa aprobada pola corporación municipal.

f) Elaborar informes mensuais coas correspondentes liquidacións de taxas.

g) Elaborar informes mensuais sobre os niveis de utilización das instalacións deportivas municipais.

h) Asignar horarios, consonte coas directrices da corporación municipal e a supervisión da Dirección Técnica Deportiva Municipal, para a utilización das instalacións deportivas municipais.

i) Calquera outras de natureza análoga que expresamente lle confira a corporación municipal.

Sétima.-Sistema de selección e comezo e desenvolvemento dos exercicios.

O sistema de selección é oposición libre.

Os exercicios da oposición non poderán comezar ata transcorridos dous meses desde a data na que apareza publicada a presente convocatoria no BOP, anunciando quince días antes de comeza-lo primeiro exercicio, no mesmo medio, o día, a hora e o local no que terá lugar. Este anuncio poderá ser substituído por citación persoal ós/ás aspirantes, debendo constar no expediente a xustificación de terse recibida a notificación. A convocatoria para os seguintes exercicios será efectuada no taboleiro de edictos da casa do concello, debendo transcorrer, como mínimo, corenta e oito horas entre a celebración dun exercicio e o comezo do seguinte. Os/as opositores/as serán convocados/as para cada exercicio en chamamento único, agás casos de forza maior debidamente xustificados e apreciados libremente polo tribunal. As razóns e probas xustificativas formularanse dentro das 24 horas seguintes á celebración do exercicio e, de seren apreciadas polo tribunal, causarían a suspensión inmediata dos

exercicios pendentes ata que non fose examinado do anterior exercicio o/a aspirante interesado/a. Acreditarán a súa personalidade coa exhibición do DNI.

No suposto de que, por circunstancias excepcionais, se tivera que modifica-lo lugar, data e hora do primeiro exercicio, publicarase no taboleiro de anuncios e no diario de maior difusión da provincia.

Os/as aspirantes serán convocados/as para cada exercicio, en único chamamento. A publicación do acordo de celebración dos sucesivos exercicios faina o tribunal cualificador, e publicarase no taboleiro de anuncios do concello. Serán excluídos/as os/as aspirantes que non comparezan agás nos casos debidamente xustificados e apreciados libremente polo tribunal.

Oitava.-Exercicios da oposición.

A selección de aspirantes constará de catro probas eliminatorias, sendo imprescindible acadar unha

puntuación mínima de 5 puntos -sobre 10- en cada proba para poder pasar á seguinte.

Primeiro exercicio.-De carácter obrigatorio e eliminatorio.

Consistirá en contestar por escrito un cuestionario de sesenta preguntas con respostas alternativas referentes ó contido do programa que figura como anexo A) desta convocatoria nun tempo máximo de 1 (unha) hora. Cada pregunta mal contestada será penalizada con 0,10 (cero coma dez) puntos e cada pregunta que se deixe sen contestar penalizarase con 0,05 (cero coma cero cinco) puntos. Para superar este exercicio será preciso ter un mínimo do 60% (sesenta por cento) das respostas correctas.

Segundo exercicio.-De carácter obrigatorio e eliminatorio.

Consistirá en contestar por escrito un cuestionario de corenta preguntas con respostas alternativas referentes ó contido do programa que figura como anexo B) desta convocatoria nun tempo máximo de 40 (corenta) minutos. Cada pregunta mal contestada será penalizada con 0,10 (cero coma dez) puntos e cada pregunta que se deixe sen contestar penalizarase con 0,05 (cero coma cero cinco) puntos. Para superar este exercicio será preciso ter un mínimo do 60% (sesenta por cento) das respostas correctas.

Terceiro exercicio.-De carácter obrigatorio e eliminatorio.

Consistirá na resolución, no tempo máximo de 2 (dúas horas) de 1 (un) suposto práctico relacionado co temario do anexo B, suposto que poderá consistir en:

-Elaborar, cos datos que lle proporcione o tribunal cualificador e aplicando a normativa municipal vixente, unha proposta de asignación de horarios para a utilización das diferentes instalacións deportivas municipais (ximnasios, pavillóns, piscina...)

-Elaborar, cos datos que lle proporcione o tribunal cualificador e aplicando a normativa municipal vixente, unha proposta de liquidación de taxas por utilización das diferentes instalacións deportivas municipais (ximnasios, pavillóns, piscina...)

-Elaborar, cos datos que lle proporcione o tribunal cualificador e aplicando a normativa municipal vixente, unha proposta de liquidación de taxas en concepto de cotas das diferentes escolas deportivas municipais.

Cuarto exercicio.-De carácter obrigatorio e eliminatorio.

Consistirá en utiliza-las aplicacións de Microsoft Office, contorno Windows, para redactar, utilizando o procesador de textos, un informe e elaborar, utilizando Acces, unha base de datos cos campos e rexistros que defina o tribunal cualificador.

Dado o perfil da praza e consonte o establecido na ordenanza municipal de normalización lingüís

tica, os/as aspirantes terán que realiza-lo informe en lingua galega.

Para a cualificación da redacción do informe o tribunal terá en conta tanto a corrección lingüística coma que o documento se axuste na súa estructura, redacción, terminoloxía, tratamento persoal... ós criterios establecidos para a linguaxe administrativa galega.

Na cualificación do conxunto do exercicio hase valora-la velocidade de resolución.

Novena.-Cualificación dos exercicios.

O primeiro, segundo, terceiro e cuarto exercicio da oposición serán obrigatorios e eliminatorios. Ningún aspirante poderá pasar ó seguinte exercicio sen ter acadado un mínimo de 5 puntos en cada un dos exercicios.

O número de puntos que poderán ser outorgados por cada membro do tribunal en cada exercicio será de cero a dez puntos en cada exercicio. A suma dos puntos outorgados dividirase polo número destes, e o cociente resultante será a puntuación obtida polo opositor/a en cada exercicio.

As cualificacións dos/as aspirantes aprobados/as en cada exercicio publicaranse no mesmo día en que se acorden, no taboleiro de edictos da corporación.

A cualificación final e a orde de cualificación dos/as aspirantes aprobados/as virá dado pola suma das puntuacións obtidas no conxunto das probas.

Décima.-Relación de aprobados/as, presentación de documentos e nomeamento.

Rematada a cualificación dos/as aspirantes, o tribunal publicará a relación de aprobados/as, por orde de puntuación, que de acordo co establecido na vixente lexislación, non poderá excede-lo número de prazas convocadas, que neste caso é dunha, e remitirá a proposta de nomeamento xuntamente coa acta da última sesión ó presidente da corporación para que efectúe o correspondente nomeamento de funcionario/a de carreira, que é a quen compete face-lo dito nomeamento.

O/a opositor/a proposto/a presentará na secretaría da corporación, dentro do prazo de trinta días hábiles a partir da publicación da lista de aprobados/as, os documentos acreditativos das condicións para tomar parte na oposición que se esixen na base 2ª e que son:

1. Fotocopia do DNI (que se presentará acompañada do orixinal para a súa compulsa).

2. Copia auténtica ou fotocopia (que presentarase acompañada do orixinal para a súa compulsa) do título de bacharelato ou formación profesional de segundo grao ou equivalente.

3. Declaración xurada de non atoparse incurso/a en causa de incapacidade ou inhabilitación para o exercicio de funcións públicas, así como non ter sido separado/a mediante expediente disciplinario

do servicio do Estado, Comunidade Autónoma ou Administración local, nin atoparse inhabilitado/a para o exercicio das funcións públicas.

4. Certificado médico acreditativo de non padecer enfermidade ou defecto físico que imposibilite o normal exercicio da función.

5. Os/as que tivesen a condición de funcionarios/as estarán exentos/as de xustificar documentalmente as condicións e requisitos xa demostrados para obte-lo seu anterior nomeamento, debendo presentar certificación da Administración á que pertenza.

Dentro do prazo indicado, agás os casos de forza maior, os/as opositores/as propostos/as que non presenten a súa documentación ou non reuniran os requisitos esixidos, non poderán ser nomeados/as e quedarán anuladas tódalas súas actuacións, sen prexuízo das responsabilidades nas que puideran incorrer por falsidade na instancia solicitando tomar parte na oposición.

Undécima.-Toma de posesión.

Os/as aspirantes nomeados/as tomarán posesión do seu cargo no prazo de trinta días hábiles seguintes ó da notificación do seu nomeamento. No caso contrario, sen que mediase causa xustificada, decaerán no seu dereito para tódolos efectos legais, quedando na situación de cesante.

Duodécima.-Incidencias.

A presente convocatoria, as súas bases e cantos actos administrativos se deriven dela, e das actuacións do tribunal, poderán ser impugnados polos interesados nos casos e na forma establecidos na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

O tribunal queda facultado para resolve-las dúbidas que podan presentarse, e adoptar resolucións, criterios ou medidas necesarias para a boa orde da oposición naqueles aspectos non previstos nas bases.

En todo o non previsto nestas bases, rexerá como supletorio, o R.D. 364/1995, do 19 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de ingreso, provisión de postos de traballo e promoción profesional; Real decreto 896/1991, do 7 de xuño, e demais normas aplicables.

Fene, 23 de decembro de 2002.

Xosé María Rivera Amoso

Alcalde

ANEXO A)

Tema 1. O Estado. Concepto. Elementos. Formas de Estado. A división de poderes. Relacións entre os poderes do Estado.

Tema 2. A Constitución española de 1978. Principios xerais. Dereitos e deberes fundamentais dos españois.

Tema 3. A Coroa. O poder lexislativo. O Goberno e a Administración do Estado. O poder xudicial.

Tema 4. Estatuto de autonomía de Galicia: características. Estructura e contido.

Tema 5. As fontes do dereito administrativo: clases. O regulamento: concepto e clases. Titular da potestade regulamentaria. Outras fontes de dereito administrativo: o costume. Práctica administrativa. Os principios xerais do dereito. Tratados internacionais. Xurisprudencia.

Tema 6. Principios xerais de procedemento administrativo. Concepto. Clases de procedementos. Orixes e notas do procedemento. Normas reguladoras.

Dimensión temporal do procedemento administrativo. Días e horas hábiles. Cómputo de prazos xerais.

Tema 7. Fases do procedemento administrativo xeral: as fases do procedemento administrativo xeral. Idea dos procedementos especiais.

A motivación dos actos administrativos.

O silencio administrativo: concepto. Regulación. Obriga de resolver. Actos presuntos. Certificación de actos presuntos.

Tema 8. A teoría da invalidez do acto administrativo: actos nulos e anulables. Invalidez dos actos administrativos. Dereito positivo español.

Validación.

Revisión de oficio: concepto. Natureza. Límites á revogación. Regulación.

A responsabilidade da Administración: introducción. Danos pola súa actividade ilexítima e lexítima. A responsabilidade do dereito positivo.

Tema 9. Os recursos administrativos. Clases: concepto. Clases de recursos. Obxecto. Fin da vía administrativa. Interposición do recurso. Suspensión da execución. Audiencia do interesado.

Resolución.

Recurso ordinario: obxecto e prazos. Motivos. Interposición. Resolución presunta.

Recurso de revisión: obxecto e prazos de interposición. Resolución e prazos para ela. O recurso de reposición en materia tributaria.

Tema 10. Principios xerais e clases de contratos administrativos: planeamento do tema. Contrato administrativo. Diferencias entre o contrato privado da Administración e o contrato administrativo. Lexislación reguladora. Elementos dos contratos. Clases. A selección do contratista.

Dereitos e deberes do contratista e da Administración.

Tema 11. O municipio. O termo municipal. A poboación. O empadroamento. Padrón de españois residentes no estranxeiro.

Tema 12. Organización municipal. Competencias.

Tema 13. A provincia. Organización provincial. Competencias.

Tema 14. O persoal ó servicio das entidades locais: funcionarios, persoal eventual e persoal laboral.

Tema 15. Réxime xurídico do persoal funcionario das entidades locais: dereitos, deberes, réxime disciplinario. Situacións administrativas. Dereitos económicos. Seguridade Social. Incompatibilidades.

Tema 16. Ordenanzas e regulamentos das entidades locais. Concepto e diferenciacións. Evolución histórica. Clases. Procedemento de elaboración e aprobación. Procedemento para as xerais e non específicas. Procedemento nas específicas.

Tema 17. A función pública galega. Lei 4/1988, do 26 de maio. Aspectos fundamentais.

Tema 18. O rexistro de Entrada e Saída de Documentos. Requisitos na presentación de documentos. Carácter e existencia do rexistro. Libros que comprende e asentos neles. Requisitos na presentación de documentos. Comunicacións e notificacións. Comunicacións. Notificacións e publicacións.

Tema 19. Os bens das entidades locais. Clases. O dominio público local. Bens patrimoniais locais.

Tema 20. Funcionamento dos órganos colexiados locais. Convocatoria e orde do día: réxime das sesións. Adopción de acordos. Actas e certificados de acordos: borrador da acta e aprobación. Transcrición da acta ó libro. Sinatura da acta. Certificados dos acordos.

Tema 21. Facendas locais. Clasificación dos ingresos: conceptos xerais. Potestade tributaria dos entes locais. Fases da potestade tributaria. Fiscalidade das facendas locais no sistema español. Clasificación dos ingresos.

Tema 22. Réxime xurídico do gasto público local. Introducción e concepto. Clases de gastos. Os créditos para gastos. O control e fiscalización da xestión económica e financeira. O Tribunal de Contas. Contabilidade e contas.

Tema 23. Os orzamentos locais: concepto. Contido do orzamento xeral. Anexos do orzamento xeral. Estructura orzamentaria. Formación e aprobación. Entrada en vigor. Exercicio orzamento. Liquidación. Modificacións orzamentarias.

ANEXO B)

1. A Lei do deporte de Galicia.

2. Evolución do marco organizativo do deporte.

3. Modelos de xestión da política deportiva municipal.

4. A planificación como punto de partida da xestión e administración das instalacións deportivas.

5. Os recursos na xestión e administración deportiva

6. A organización de acontecementos deportivos.

7. O mantemento de instalacións deportivas e do seu equipamento.

8. A realidade sociodeportiva do Concello de Fene (instalacións, sociedades, política deportiva...).

9. Os criterios de convocatoria e funcionamento das escolas deportivas municipais, dos planos especiais e escolas conveniadas de Fene.

10. As funcións das empresas privadas de servicios deportivos contratadas polo Concello de Fene para os labores de persoal técnico-docente das escolas deportivas.

11. As funcións das empresas privadas de servicios deportivos contratadas polo Concello de Fene para os labores de limpeza e mantemento de piscina e pavillóns municipais.

12. As liñas de subvencións municipais ás entidades deportivas de Fene.

13. O regulamento de instalacións deportivas municipais de Fene.

14. O regulamento específico da piscina municipal de Centieiras.

15. O regulamento de réxime interior das instalacións socioculturais municipais de Fene.

16. A ordenanza fiscal número 2 reguladora da taxa pola utilización das instalacións deportivas e culturais municipais así como pola prestación de servicios socioculturais, deportivos e de lecer.

Bases que rexerán a provisión en propiedade polo sistema de promoción interna por concurso-oposición, dunha praza de chofer-operario de pa, incluída na oferta pública de 2002.

Primeira.-Obxecto da convocatoria.

É obxecto da presente convocatoria a provisión en propiedade polo sistema de promoción interna por concurso-oposición, dunha praza de chofer-operario de pa, encadrada na escala de administración especial, subescala de servicios especiais, clase: persoal de oficios, pertencentes ó grupo D, segundo o disposto no artigo 25 da Lei 30/1994.

As bases da convocatoria publicaranse integramente no BOP, no Diario Oficial de Galicia e taboeiro de edictos do concello, anunciándose un extracto dela no Boletín Oficial del Estado. Os anuncios sucesivos inseriranse soamente no primeiro dos boletíns citados e no taboleiro de edictos.

Segunda.-Condicións dos aspirantes.

Os aspirantes deberán reuni-los requisitos seguintes referidos á data na que remate o prazo de presentación de instancias:

a) Pertenecer á escala de Administración especial, subescala de servicios especiais, clase: persoal de oficios deste concello, e te-la categoría de peón.

b) Ter unha antigüidade de, alomenos, dous anos na mencionada subescala.

c) Posuí-lo título de graduado escolar, formación profesional de primeiro grao ou equivalente.

d) Posuí-lo permiso de conducir clase C.

e) Carta de pagamento acreditativa de ter aboado o importe dos dereitos de exame ou xustificante do xiro postal ou telegráfico do seu aboamento, que se fixa en 15 euros.

Terceira.-Presentación de instancias.

As instancias polas que se solicita tomar parte no concurso-oposición polo sistema de promoción interna, nas que os aspirantes manifestarán expresamente que reúnen todas e cada unha das condicións esixidas na base segunda, dirixiranse ó alcalde presidente e presentaranse no rexistro xeral do concello, durante o prazo de vinte días naturais contados a partir da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial del Estado.

As instancias poderán presentarse tamén na forma que determina o artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

No rexistro xeral do concello facilitaranse modelos normalizados das devanditas instancias.

Cuarta.-Admisión de aspirantes.

Rematado o prazo de presentación de instancias, a alcaldía dictará resolución no prazo máximo dun mes, aprobando a lista de aspirantes admitidos e excluídos cos motivos da exclusión, e a designación do tribunal cualificador que se publicará no BOP e no taboleiro de edictos da corporación, concedéndose un prazo de 10 días para emenda polos aspirantes excluídos, dos defectos a que alude o artigo 71 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e a abstención e recusación dos membros dos tribunais. A publicación da devandita resolución no BOP será determinante, así mesmo, para efectos de posible impugnación e recursos, de conformidade co previsto na invocada lei.

A mencionada lista elevarase a definitiva polo transcurso do prazo para reclamacións, se non as houbese; no caso contrario exporase de novo a lista definitiva, na mesma forma cá anterior.

Quinta.-Tribunal cualificador.

O tribunal que xulgará as probas de que conste o concurso-oposición, estará constituído do seguinte xeito:

Presidente: o alcalde presidente do concello, ou membro da corporación en quen delegue.

Secretario: o do concello ou funcionario en quen delegue.

Vocais:

Un representante da Xunta de Galicia.

O enxeñeiro municipal.

O secretario do concello.

O mecánico municipal.

Un funcionario de carreira designado pola corporación.

Un representante da xunta de persoal.

Un concelleiro/a en representación de cada grupo político municipal (BNG, PP, PSOE e EU-IU).

A designación nominal dos membros do tribunal incluirá a dos respectivos suplentes e será publicada no BOP, así como no taboleiro de edictos da corporación, e contra os nomeados poderán os aspirantes facer uso do dereito de recusación cando concorran as circunstancias determinadas na lei.

O tribunal quedará integrado ademais polos respectivos suplentes. Tódolos membros do tribunal deberán contar con titulación igual ou superior á esixida para o acceso á praza, agás o presidente.

O tribunal non poderá constituírse nin actuar sen a asistencia de máis da metade dos seus membros, titulares ou suplentes, indistintamente. En todo caso requirirase a asistencia do presidente e o secretario, ou persoas nas que deleguen.

Os membros do tribunal deberán absterse de intervir, notificándollo á autoridade convocante, cando concorran neles algunha das circunstancias previstas no artigo 28 e 29 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou cando realizaran tarefas de preparación de aspirantes a probas selectivas nos cinco anos anteriores á publicación da correspondente convocatoria.

Os aspirantes poderán recusa-los membros do tribunal cando concurra calquera desas circunstancias.

Os tribunais poderán dispoñe-la incorporación de asesores especialistas para as probas en que así coiden necesario ou conveniente. Os ditos asesores limitaranse ó exercicio das súas especialidades técnicas, en función exclusivamente das cales colaborarán co respectivo tribunal.

Sexta.-Sistema de selección.

Promoción interna: concurso-oposición.

Os exercicios da oposición non poderán comezar ata transcorridos dous meses desde a data na que apareza publicada a presente convocatoria no BOP, anunciando quince días antes de comeza-lo primeiro exercicio, no mesmo medio, o día, a hora e o local no que terá lugar. Este anuncio poderá ser substituído por citación persoal ós aspirantes, debendo constar no expediente a xustificación de terse recibido a notificación. A convocatoria para os seguintes exercicios será efectuada no taboleiro de edictos da casa do concello, debendo transcorrer, como mínimo, corenta e oito horas entre a celebración dun exercicio

e o comezo do seguinte. Os opositores serán convocados para cada exercicio en chamamento único, agás casos de forza maior debidamente xustificados e apreciados libremente polo tribunal. As razóns e probas xustificativas formularanse dentro das 24 horas seguintes á celebración do exercicio e, de seren apreciadas polo tribunal, causarían a suspensión inmediata dos exercicios pendentes ata que non fose examinado do anterior exercicio o aspirante interesado. Acreditarán a súa persoalidade coa exhibición do DNI.

O procedemento de selección dos aspirantes consistirá nas seguintes fases:

Fase do concurso:

Non terá carácter eliminatorio e nela avaliarase:

a) Por servicios prestados ó Concello de Fene como peón: 0,10 puntos por mes, ata un máximo de 4 puntos.

b) Por servicios prestados noutras administracións públicas, nas mesmas condicións sinaladas no punto anterior: 0,05 puntos por mes, ata un máximo de 2 puntos.

c) Curso de iniciación da lingua galega: 1 punto.

d) Curso de perfeccionamento da lingua galega: 2 puntos.

Puntuarase o de máis alto nivel caso de posuí-los dous e acreditarase mediante certificado expedido ou homologado pola Dirección Xeral de Política Lingüística ou Consellería de Educación.

e) Título de FP-1 rama de automoción: 1 punto.

f) Título de FP-2 rama de automoción: 2 puntos.

g) Cursos relacionados coa automoción:

-De 20 a 40 horas: 0,5 puntos por curso.

-De máis de 40 horas: 1 punto por curso.

Ata un máximo de 2 puntos neste epígrafe.

A valoración dos méritos farase de conformidade coa documentación que acheguen os aspirantes ó presenta-la solicitude de admisión ás probas e, en todo caso, publicarase antes de dar comezo os exercicios da oposición no taboleiro de edictos do concello e en ningún caso poderá ser aplicada co fin de supera-los exercicios da fase de oposición.

Fase da oposición:

Constará das seguintes probas, de carácter obrigatorio e eliminatorio:

Primeiro exercicio.-De carácter obrigatorio e eliminatorio constará de dúas probas:

Proba a).-De carácter práctico, consistirá en facer unha ou varias prácticas cos camións e vehículos especiais, así como os seus medios auxiliares, propiedade do concello. Esta proba puntuará cun máximo de 7 puntos.

Proba b).-Escrita, consistirá en contestar un cuestionario tipo test de 30 preguntas con respostas alternativas sobre coñecementos básicos de mecánica, no tempo que fixe o tribunal. Esta proba puntuará cun máximo de 3 puntos.

Segundo exercicio.-De carácter obrigatorio e eliminatorio, consistirá en dúas probas:

a) Redacción en galego, dun parte de carácter administrativo, segundo as condicións e o tempo que fixe o tribunal. Esta proba puntuará cun máximo de cinco puntos.

b) Consistirá en resolver dous problemas propostos polo tribunal sobre as catro regras aritméticas, no tempo que fixe igualmente o tribunal. Esta proba puntuará cun máximo de cinco puntos.

Terceiro exercicio.-De carácter obrigatorio e eliminatorio, consistirá en desenvolver por escrito, no tempo máximo dunha hora un tema do programa achegado ás presentes bases (anexo I), que elixirán polos aspirantes de entre catro sacados ó chou.

Os tres exercicios da oposición serán eliminatorios e cualificados ata un máximo de dez puntos cada un deles, sendo necesario acadar un mínimo de cinco puntos para superalos. O número de puntos que poderá outorgar cada membro do tribunal será de 0 a 10 puntos e a cualificación de cada aspirante será o cociente de dividir polo número de compoñentes do tribunal a suma dos puntos.

A cualificación definitiva será o resultado da suma das puntuacións obtidas polos aspirantes en cada un dos exercicios da oposición así como a puntuación obtida na fase do concurso, e será a que servirá para elabora-la relación de aprobados por orde de puntuación.

O tribunal non poderá aprobar nin declarar que superaron as probas un número de aspirantes superior ó das prazas convocadas.

Sétima.-Comezo das probas.

A data, a hora e o lugar de comezo do primeiro exercicio anunciarase con quince días de antelación, cando menos no BOP, e non poderá comezar sen que transcorran dous meses como mínimo desde a publicación da convocatoria.

A data de celebración dos demais exercicios, publicarase unicamente no taboleiro de edictos do concello.

Os aspirantes serán convocados para cada exercicio en chamamento único, sendo excluídos os que non comparezan, agás os casos de forza maior debidamente xustificados e libremente apreciados polo tribunal. As razóns e probas xustificativas formularanse dentro das 24 horas seguintes á celebración do exercicio e, de seren apreciadas polo tribunal, causarían a suspensión inmediata dos exercicios pendentes ata que non fose examinado do anterior exercicio o aspirante interesado.

Oitava.-Relación de aprobados, presentación de documentos e nomeamento.

Rematadas as probas e efectuadas as cualificacións, o tribunal publicará a lista de aprobados que non poderá ser superior ó número de prazas convocadas e elevará a dita relación xuntamente coa acta da última sesión ó presidente da corporación a quen compete face-lo nomeamento correspondente.

O opositor proposto presentará na secretaría do concello, dentro do prazo de vinte días naturais contados a partir da publicación da lista de aprobados, os documentos acreditativos das condicións que para tomar parte na oposición se esixen na base segunda, e que son:

1. Fotocopia do DNI (que se presentará acompañada do orixinal para a súa compulsa).

2. Copia auténtica ou fotocopia (que presentarase acompañada do orixinal para a súa compulsa) do título de graduado escolar ou equivalente.

3. Declaración xurada de non atoparse incurso en causa de incapacidade ou inhabilitación para o exercicio de funcións públicas, así como non ter sido separado mediante expediente disciplinario do servicio do Estado, Comunidade Autónoma ou Administración local, nin atoparse inhabilitado para o exercicio das funcións públicas.

4. Certificado de non padecer enfermidade ou defecto físico que imposibilite o normal exercicio da función.

5. Fotocopia do permiso de conducir clase C, (que se presentará acompaña do orixinal para a súa compulsa).

6. Os que tivesen a condición de funcionarios estarán exentos de xustificar documentalmente as condicións e requisitos xa demostrados para obte-lo seu anterior nomeamento, debendo presentar certificación da Administración á que pertenza.

Dentro do prazo indicado, agás os casos de forza maior, os opositores propostos que non presenten a súa documentación ou non reuniran os requisitos esixidos, non poderán ser nomeados e quedarán anuladas tódalas súas actuacións, sen prexuízo das responsbilidades nas que puidesen incorrer por falsidade.

No prazo dun mes, contado a partir da notificación do nomeamento, os aspirantes nomeados deberán tomar posesión do seu cargo, prestando xuramento ou promesa de conformidade co disposto no R.D. 707/1979, do 5 de abril, quedando en situación de cesante cando, sen causa xustificada, non o fixesen dentro do prazo sinalado.

Novena.-Resolución de dúbidas.

O tribunal queda autorizado para resolve-las dúbidas que se presenten e para toma-los acordos necesarios para a boa orde da oposición. En todo o non previsto nestas bases, rexerá como supletorio, o R.D. 364/1995, do 19 de marzo, polo que se aproba o

Regulamento de ingreso, provisión de postos de traballo e promoción profesional; Real decreto 896/1991, do 7 de xuño, e demais normas aplicables.

Décima.-Impugnación da convocatoria e dos seus actos.

A presente convocatoria e as súas bases poderán recorrerse mediante a interposición do oportuno recurso. Os actos administrativos derivados da convocatoria e da actuación dos tribunais poderán ser impugnados polos interesados nos casos e na forma establecidos na Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

ANEXO I

Programa

1. A Constitución española de 1978. Principios xerais. Estructura e contido.

2. Dereitos fundamentais e liberdades públicas.

3. A organización territorial do Estado español. Diferentes tipos de Administración: central, autonómica, local e institucional.

4. O Estatuto de autonomía de Galicia. O Parlamento de Galicia.

5. O municipio. O termo municipal e a poboación.

6. A organización municipal e as competencias dos seus órganos.

7. A función pública local: a súa organización e réxime xurídico. Dereitos e deberes dos funcionarios públicos.

8. Funcionarios públicos: situacións administrativas, incompatibilidades e réxime disciplinario.

9. O municipio de Fene. Límites. Poboación. Situación das parroquias e principais núcleos de poboación.

10. Localización dos lugares do Concello de Fene. Localización dos edificios destinados a servicios públicos e funcións que se levan a cabo neles.

O que se fai público para xeral coñecemento.

Fene, 23 de decembro de 2002.

Xosé María Rivera Arnoso

Alcalde