Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 24 Martes, 04 de febreiro de 2003 Páx. 1.268

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CULLEREDO

ANUNCIO de licitación por concurso, con procedemento aberto, para o mantemento das zonas axardinadas do paseo marítimo -III fase- e do parque público Xardín do Burgo.

1. Entidade adxudicadora: Concello de Culleredo.

2. Obxecto do contrato: mantemento das zonas axardinadas do paseo marítimo -III fase- e do parque público Xardín do Burgo.

a) Descrición: a que figura nos pregos.

b) Duración do contrato: 2 anos, prorrogable ata un máximo de 4.

3. Tramitación: ordinaria.

4. Procedemento: aberto.

5. Forma: concurso.

6. Prezo do contrato: 2,70 euros/m, o que supón inicialmente un orzamento total de 202.500 euros/ano, IVE incluído.

7. Fianza definitiva: 4% do importe de adxudicación anual.

8. Clasificación: grupo O, subgrupo 5, categoría b (antigos grupo III subgrupo 5, categoría b).

9. Obtención de documentos e información: Concello de Culleredo. Negociado de Contratación.

a) Domicilio: rúa do Concello, nº 12, Tarrío, Culleredo.

b) Código postal, localidade: 15189, Culleredo.

c) Provincia: A Coruña.

d) Teléfono: 981 67 77 77.

e) Fax: 981 67 76 46.

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata o remate do prazo para a presentación de ofertas.

10. Presentación de oferta: quince días naturais contados desde o día seguinte ó da publicación do último anuncio de licitación (BOP ou DOG).

11. Documentación que hai que presentar: a que figura nos pregos.

12. Lugar de presentación: Concello de Culleredo, rexistro xeral, de luns a venres das 9 ás 14 horas; os sábados das 9 ás 13 horas.

13. Apertura de ofertas: en acto público o segundo xoves hábil seguinte ó do remate do prazo de presentación de ofertas, ás 12 horas. Se fose festivo, trasladarase ó seguinte xoves hábil.

a) Entidade: Concello de Culleredo.

b) Domicilio: rúa do Concello, nº 12, Tarrío.

c) Localidade: Culleredo.

14. Gastos de anuncios: aproximadamente 925 euros.

Culleredo, 9 de xaneiro de 2003.

P.D. (Resolución 22-10-1999;

BOP do 13 de novembro)

Purificación Illobre Carbón

Concelleira de Economía, Facenda

Patrimonio e Contratación