Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 24 Martes, 04 de febreiro de 2003 Páx. 1.268

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CASTRO DE REI

ANUNCIO de licitación.

Venda de terreo patrimonial do concello, na vila de Castro de Riberias de Lea, para promove-la implantación de industria e creación de postos de traballo, en acción de fomento. Acordo do Pleno, adoptado en sesión do día 8 de xaneiro do ano 2003.

1. Entidade adxudicadora.

a) Órgano de contratación: Pleno do Concello.

b) Dependencia que tramita o expediente: secretaría do concello.

2. Obxecto do contrato.

Venda dun terreo patrimonial de 17.000 m, dos que 8.444 m están comprendidos dentro do Parque Empresarial de Castro de Ribeiras de Lea e os 8.556 m restantes na zona prevista para a ampliación.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: restrinxido.

c) Forma: poxa.

4. Tipo base de licitación: dez mil euros (10.000 A).

5. Condicións específicas para a selección previa de licitadores.

a) Pertencer ó ramo de industria de alimentación, acreditando a experiencia e solvencia económica e técnica.

b) Obrigarse a facer un investimento total non inferior a 3.000.000 de A.

c) Obrigarse a crear nunha 1ª fase, 33 postos fixos de traballo: (1 director; 1 administrativo; 1 oficial de mantemento; 10 oficiais de 1ª e 20 peóns).

d) Obrigarase a que a tecnoloxía que se vaia empregar cumpra coas máis estrictas normas de U.E. para a preservación do medio natural, que aseguren a eliminación de efectos contaminantes no contorno.

6. Prazo para presentar solicitudes de participación no proceso de selección previa á licitación: ata as 14 horas do décimo quinto día natural seguinte ó de publicación do último dos anuncios inseridos no BOP de Lugo e no DOG.

Se o último día fose sábado ou festivo, ata a mesma hora do día hábil seguinte.

7. Obtención de documentación e información.

Secretaría do Concello de Castro de Rei, praza Maior, 1, 27250 Castro de Rei (Lugo), teléfono 982 31 40 34, fax 982 31 40 61.

Data límite para a obtención: ata o día anterior ó de finalización do prazo de presentación de solicitudes de participación.

O prego de cláusulas administrativas particulares pode examinarse nas oficinas municipais e obterse copias no indicado prazo.

Castro de Rei, 22 de xaneiro de 2003.

Arturo Pereiro Vilariño

Alcalde