Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 24 Martes, 04 de febreiro de 2003 Páx. 1.268

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE BUEU

ANUNCIO de exposición pública.

Aprobado inicialmente por acordo da Comisión de Goberno deste concello en sesión do 26 de decembro de 2002 o expediente correspondente ó Plan parcial da área apta para urbanizar de Agrelo-Portomaior, sométese a información pública polo prazo dun mes, contado a partir do seguinte ó da aparición deste anuncio no último dos boletíns nos que deba ser publicado, (BOP, DOG e Diario de Pontevedra).

Durante o devandito prazo o expediente atoparase a disposición dos interesados para que poidan examinalo e presenta-las alegacións que teñan por pertinentes.

Bueu, 27 de decembro de 2002.

Tomás Barreiro Sotelo

Alcalde