Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 24 Martes, 04 de febreiro de 2003 Páx. 1.267

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE BARBADÁS

POXA pública para venda de parcelas en Nomdedeu.

No BOP de Ourense do día 15 do actual publícanse íntegros os pregos de condicións para a venda, en poxa pública, de parcelas propiedade deste concello en Nomdedeu, por un total de 297.762 euros.

As ofertas poden formularse en conxunto ou por parcelas separadas, segundo as condicións do prego, e tanto as ofertas como a documentación deben entregarse no rexistro do concello ata as 12 horas do décimo quinto día natural seguinte ó da publicación deste anuncio no DOG. A garantía provisional é do

2% do tipo de licitación de cada parcela ou lote, e a apertura da documentación e das ofertas terá lugar na Casa do Concello ás 13 horas do día seguinte hábil (agás sábados), o de finalización do prazo de presentación.

Barbadás, 21 de xaneiro de 2003.

O alcalde

Rubricado