Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 24 Martes, 04 de febreiro de 2003 Páx. 1.262

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE FAMILIA E PROMOCIÓN DO EMPREGO, MULLER E XUVENTUDE

CÉDULA do 10 de xaneiro de 2003, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se fai pública a resolución revogatoria do 20 de agosto de 2002, da renda para o inicio da actividade do expediente administrativo FM 341D 2001/1037-5.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), e non sendo posible a práctica da notificación no domicilio sinalado polo interesado da resolución revogatoria da subvención do expediente administrativo, consonte o establecido na Orde do 1 de febreiro de 2001 (DOG do 28 de febreiro), publícase:

1º Expediente de renda para o inicio da actividade: FM 341D 2001/1037-5.

Orde da convocatoria: 1 de febreiro de 2001 (DOG do 28 de febreiro).

Interesado: Jesús González Ageitos.

Enderezo: Doctor Marañón, 6 - baixo. 36211 Vigo (Pontevedra).

Asunto: resolución revogatoria do delegado provincial da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude do 20 de agosto de 2002, ó abeiro da Orde do 1-2-2001 (DOG do 28 de febreiro).

Resolución.

«Examinado o expediente de axudas para o emprego autónomo, presentado por Jesús González Ageitos, e tendo en conta os seguintes:

Antecedentes.

Primeiro: a solicitude foi presentada o 6-7-2001 e estimada na Resolución do 6-6-2002, pola que se concedeu á/ó interesada/o unha axuda de 3.606,07 euros en concepto de renda para inicio da actividade.

Segundo: na resolución concesoria impoñíaselle a obriga de presentar, no prazo se dez días hábiles,

uns documentos e a necesidade de cumpri-las obrigas de mantemento, información e comunicación recollidas na orde de convocatoria.

Terceiro: analizada a documentación obsérvase o incumprimento das seguintes obrigas: causou baixa no réxime especial de traballadores autónomos o 30-6-2002.

Cuarto: na tramitación do presente expediente observáronse tódolos requisitos e prescricións legais.

Fundamentos.

Primeiro: a competencia, por delegación da conselleira de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude, desta delegación provincial para coñecer e resolve-la presente solicitude, vén determinada polo artigo 2 da Orde do 1 de febreiro de 2001 pola que se establecen, entre outros, o programa de fomento do emprego autónomo.

Segundo: o artigo 9 da orde reguladora establece: «Toda alteración das condicións tidas en conta para a concesión das axudas ou subvencións, así como a obtención concorrente de subvencións e axudas otorgadas por outras administracións ou outros entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais, poderá dar lugar á modificación da resolución de concesión e, eventualmente, á súa revogación».

Vistos os preceptos citados e demais de xeral e pertinente aplicación, esta delegación provincial

ACORDA:

Revoga-la resolución desta delegación provincial do 6-6-2002 polo que se lle concede unha axuda a Jesús González Ageitos por importe de 3.606,07 euros para renda para inicio da actividade.

Notifíqueselles esta resolución ós interesados, facéndolles saber que pon fin á vía administrativa e que contra ela cabe formular recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da notificación da presente resolución, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia; así mesmo, con anterioridade e con carácter potestativo, poderá interpoñerse recurso de reposición, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución, ante esta delegación provincial da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude, todo iso de conformidade co establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa e na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Vigo, 10 de xaneiro de 2003.

Joaquín Macías Sánchez

Delegado provincial de Pontevedra