Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 24 Martes, 04 de febreiro de 2003 Páx. 1.261

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA E ASUNTOS MARÍTIMOS

RESOLUCIÓN do 29 de xaneiro de 2003 pola que se anuncia concurso público aberto, polo trámite de urxencia, para a contratación da subministración de oito (8) carretas elevadoras para os portos pesqueiros galegos.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos.

b) Dependencia que tramita o expediente: Subdirección Xeral de Xestión Orzamentaria e Contratación.

2. Obxecto.

a) Descrición do obxecto: contratación da subministración de oito (8) carretas elevadoras para os portos pesqueiros galegos.

b) Prazo de execución: 15 días.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento de licitación.

Importe total: douscentos trinta e dous mil (232.000) euros, IVE e demais impostos incluídos.

5. Garantía provisional.

Catro mil seiscentos corenta (4.640) euros.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: servicios centrais da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos ou nas súas delegacións territoriais.

b) Domicilio: edificio administrativo San Caetano, 5, 2º.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

d) Teléfono: 981 54 50 38.

e) Telefax: 981 54 40 37.

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata a data límite de presentación das ofertas.

Así mesmo, tamén se poderán obte-los pregos relativos a esta contratación no seguinte enderezo de Internet: http://www.xunta.es/contratacion/resultado.asp?N=2214.

7. Requisitos específicos do contratista.

Non se esixe.

8. Presentación das ofertas.

a) Data límite de presentación: o prazo de presentación rematará ás catorce horas do oitavo día natural contado a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. No caso de que coincida en sábado ou festivo, o prazo rematará ás 14 horas do seguinte día hábil.

b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: rexistro xeral da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos (edificio administrativo de San Caetano 5, 2º, Santiago de Compostela, 15781), ou por calquera dos xeitos previstos no artigo 100 do Regulamento xeral de contratos do Estado.

9. Apertura das ofertas.

a) Entidade: servicios centrais da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos.

b) Domicilio: edificio administrativo San Caetano nº 5, 2º.

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Data: o décimo día natural seguinte ó do peche do prazo de presentación de propostas. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura de proposicións terá lugar o día hábil seguinte.

e) Hora: 10 horas.

10. Gastos de publicación.

Serán por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 29 de xaneiro de 2003.

P.D. (Orde 21-12-2001, DOG nº 15,

do 21 de xaneiro)

Miguel Ángel López Sieiro

Secretario xeral da Consellería de Pesca e Asuntos

Marítimos

CONSELLERÍA DE FAMILIA E PROMOCIÓN DO EMPREGO,

MULLER E XUVENTUDE