Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 24 Martes, 04 de febreiro de 2003 Páx. 1.259

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 9 de xaneiro de 2003, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se realiza a publicacidade do Acordo do 21 de novembro de 2002, da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, no que se formula a declaración de impacto ambiental do proxecto de explotación para granito ornamental da concesión de explotación derivada do permiso de investigación Pedroso número 2843.

Visto o argigo 4.7º do Decreto 442/1990, de 13 de setembro (DOG nº 188, do 25 de setembro) de avaliación de impacto ambiental para Galicia, a delegada provincial da Consellería de Industria e Comercio de Pontevedra

RESOLVE:

Dar publicidade, mediante a presente publicación, ó acordo do 21-11-2002, da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, polo que se formula a declaración de impacto ambiental do proxecto de explotación para granito ornamental da concesión de explotación derivada do permiso de investigación denominada Pedroso nº 2843-1, sita en terreos do termo municipal de Rodeiro, provincia de Pontevedra, promovido por Piedras y Granitos de Villanueva, S.L.

A mencionada declaración refírese, en exclusiva, a unha superficie de 33,46 ha, dentro do espacio solicitado para a concesión mineira de 6 cuadrícu-

las mineiras, comprendidas entre os paralelos 42º 4' 00'', 42º 42' 00'' norte, e polos meridianos 7º 59' 40'', 7º 58' 40'' oeste, e foi incorporada ó expediente da concesión Pedroso nº 2843-1, encon-

trándose á disposición de calquera interesado nesta delegación provincial.

Pontevedra, 9 de xaneiro de 2003.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra