Con data do 18 de xuño de 2002 subscribiuse entre a Consellería de Industria e Comercio e as empresas avaliadoras da conformidade un convenio aberto de colaboración para o fomento da certificación dos sistemas de xestión da calidade no tecido empresarial galego que foi publicado no Diario Oficial de Galicia nº 132, do 10 de xullo de 2002.
Ná cláusula terceira do convenio considérase a posibilidade de adherirse a el aquelas certificadoras que o soliciten e reúnan os requisitos esixidos no convenio. Conforme o establecido na dita cláusula, a certificadora TÜV Internacional Grupo TÜV Rhein
land, S.L. presentou solicitude de adhesión ó dito convenio aberto.
Vista a documentación remitida pola certificadora, o conselleiro de Industria e Comercio resolveu adherir a TÜV Internacional Grupo TÜV Rheinland, S.L., con CIF: B-82889296, representada por Reinhart Max Kraege e Ramón Garriga Saperas, ó convenio aberto de colaboración entre a Consellería de Industria e Comercio e as empresas avaliadoras da conformidade para o fomento dos sistemas de xestión da calidade no tecido empresarial galego, do 18 de xuño de 2002.
Cumprida a tramitación regulamentaria, procede a publicación no Diario Oficial de Galicia da devandita adhesión co fin de darlle publicidade a este feito.
O que se fai público para os efectos oportunos.
Santiago de Compostela, 7 de xaneiro de 2003.
José Manuel González González
Director xeral de Tecnoloxía
e Desenvolvemento Sectorial