Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 24 Martes, 04 de febreiro de 2003 Páx. 1.258

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 29 de novembro de 2002, da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas, pola que se ordena a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do acordo do Consello da Xunta de Galicia do 14 de novembro de 2002, polo que se aproba definitivamente o proxecto sectorial de incidencia supramunicipal denominado L.A.T. a 220 kV subestación de Pazos-L.A.T. Atios/Mos. Modificación número I.

En cumprimento do disposto no artigo 14.5º do Decreto 80/2000, do 23 de maio, polo que se regulan os plans e proxectos sectoriais de incidencia supramunicipal, esta dirección xeral dispón que se publique no DOG o acordo adoptado polo Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do 14 de novembro de 2002, da que a parte dispositiva é o seguinte texto literal:

«1º Aprobar definitivamente o proxecto sectorial de incidencia supramunicipal denominado L.A.T. 220 kV subestación Pazos-L.A.T. Atios/Mos. Modificación número I».

2º De conformidade co contido do acordo do Consello da Xunta de Galicia do 12 de xullo de 2001, polo que se declara a incidencia supramunicipal do proxecto «L.A.T. 220 KV subestación Pazos-L.A.T. Atios/Mos. Modificación número I, o planeamento dos concellos de Pazos de Borbén, Redondela e Mos queda vinculado ás determinacións contidas no proxecto sectorial que se aproba».

Santiago de Compostela, 29 de novembro de 2002.

Ramón Ordás Badía

Director xeral de Industria, Enerxía e Minas