Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 24 Martes, 04 de febreiro de 2003 Páx. 1.258

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 24 de outubro de 2002, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 01/145-3).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita:

Solicitante: Consellería de Medio Ambiente-Delegación Provincial.

Enderezo social: rúa do Paseo, 18-5º, 32004 Ourense.

Denominación: L.M.T. e C.T., base de helicópteros servicio contraincendios.

Situación: Porqueirós (Muíños).

Descricións técnicas: liña a 20 kV aérea de 191 m de lonxitude, derivada desde a L.M.T. ó C.T. para telefonía móbil en Porqueirós (expediente 1688-A.T.) e remata no C.T. proxectado aéreo con A50 kVA, R/T 20.000/380-220 V en Porqueirós. Rede de baixa tensión subterránea ata a base de helicóteros.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu,

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Contra a presente resolución poderá interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución; tamén poderá interpoñer calquer outro recurso que estime pertinente o seu dereito.

Ourense, 24 de outubro de 2002.

Ramón Fernández-Linares Bouza

Delegado provincial de Ourense