Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 24 Martes, 04 de febreiro de 2003 Páx. 1.257

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ANUNCIO do 7 de xaneiro de 2003, da Delegación Territorial de Vigo, polo que se relaciona proposta de liquidación contida en acta de desconformidade (A02) pendente de notificar e se empraza o interesado que se sinala para ser notificado por comparecencia (Rodríguez Marcote, Alberto).

De conformidade co disposto no artigo 105 da Lei 230/1963, do 28 de decembro, xeral tributaria, segundo a redacción dada pola Lei 66/1997, do 30 de decembro, de medidas fiscais, administrativas e da orde social, relaciónase proposta de liquidación contida en acta de desconformidade (A02), pendente de notificar, despois de intentada a notificación persoal por dúas veces, e emprázase o interesado que se sinala no anexo para ser notificado por comparecencia.

O acto foi adoptado polo Servicio de Inspección Tributaria da Delegación Territorial da Consellería de Economía e Facenda de Vigo, en aplicación do artigo 56 do Real decreto 939/1986, do 25 de abril, polo que se aproba o Regulamento xeral da inspección de tributos .

A comparecencia deberá efectuarse, no prazo de dez días contados desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio, diante do servicio de secretaría desta delegación territorial, con enderezo na rúa Concepción Arenal, nº 8 - 3ª planta Vigo, en horario das 9 ás 14 horas de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ó do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Vigo, 7 de xaneiro de 2003.

Pedro J. Arbolí Albarracín

Delegado territorial de Vigo

ANEXO

Interesado: Rodríguez Marcote, Alberto.

DNI: 35996751A.

Enderezo: Selene,12, Oleiros, A Coruña.

Procedemento: imposto sobre sucesións e doazóns.

Exercicio: 1999.

Acta nº 54/2001/00315-0365.