Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 24 Martes, 04 de febreiro de 2003 Páx. 1.257

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO TRES DA CORUÑA

CÉDULA de notificación de sentencia (70/2002).

Juan Rey Pita, secretario do Xulgado do Social número tres da Coruña, dou fe e certifico que neste xugaldo se seguen autos nº 70/2002 por instancia de Mutua Gallega Accidentes de Trabajo e Outros contra a empresa Vázquez Teijeiro Montajes, S.A. sobre prestacións, nos que recaeu sentencia en data 11 de decembro de 2002 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

«Que aprecio de oficio a excepción de inadecuación de procedemento para que a Mutua Gallega de Accidentes proceda a formula-la pretensión pola vía de execución de sentencia».

Notifíqueselles esta resolución ás partes facéndolles saber que contra ela cabe interpoñer recurso de suplicación perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galiza, Sala do Social, debendo anuncialo previamente ante este Xugaldo do Social, no prazo de cinco días hábiles contados a partir do día seguinte ó da súa notificación.

Así, por esta miña sentencia do que se unirá certificación ós autos orixinais para a súa notificación e cumprimento, xulgando pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Vázquez Teijeiro Montajes, S.A., expido e asino esta cédula na Coruña o 16 de decembro de 2002.

O secretario xudicial

Rubricado