Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 24 Martes, 04 de febreiro de 2003 Páx. 1.256

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DA FONSAGRADA

CÉDULA de notificación de sentencia (61/2001).

Parte demandante: José Antonio Díaz Conde.

Parte demandada: Jesús Díaz Conde e outros.

No xuízo referenciado, dictouse a resolución que ten como encabezamento e parte dispositiva o seguinte:

«Sentencia.

Na Fonsagrada, 6 de novembro de 2002, vistos por min, Alberto Benéitez Antón, xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción deste partido, os autos de xuízo ordinario número 61/2001, sobre acción de retracto, promovidos polo procurador Luis Felipe Rodríguez Fernández en representación de José Antonio Díaz Conde, asistido do letrado José Benito Fernández Muinelo, contra Modesta Testa Fernández e Julio Díaz Testa, representados pola procuradora Soledad Sierra Villaverde e asistidos

polo letrado Marco Antonio Candal Quiroga e contra Jesús e María Conde e Amador, Alicia, Alberto, Emilio, José María, Manuel e Fermina Díaz Testa declarados en rebeldía.

Decido que desestimando integramente a demanda promovida polo procurador Luis Felipe Rodríguez Fernández en representación de José Antonio Díaz Conde, contra Modesta Testa Fernández, Jesús e María Díaz Conde e Julio, Amador, Alicia, Alberto, Emilio, José María, Manuel e Fermina Díaz Testa, debo absolver e absolvo a estes dos pedimentos formulados de contrario, con imposición á parte demandante das custas da presente instancia.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, facéndolles saber que contra ela e durante os cinco días seguintes á notificación, poderán preparar ante este mesmo xulgado, recurso de apelación perante a audiencia provincial.

Lévase o orixinal desta resolución ó libro de sentencias deste xulgado, sacando previamente testemuño literal dela para a súa unión ós autos.

Así o acordo, mando e asino».

Para que conste e para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e sirva de notificación a sucesores de Jesús Díaz Conde, expido esta cédula de notificación.

Na Fonsagrada, once de decembro de dous mil dous.

O secretario xudicial

Rubricado