Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 24 Martes, 04 de febreiro de 2003 Páx. 1.256

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA NÚMERO DEZ DA CORUÑA

CÉDULA de citación (63/2001-SU).

María del Socorro de Álvaro Prieto, secretaria sustituta do Xulgado de Primeira Instancia número dez da Coruña, dou fe de que nos autos de proposta de adopción que se seguen neste xulgado co número 63/2001, se acordou a citación de Ana María Vázquez Añón, mediante publicación da seguinte cédula de citación:

En virtude do acordado polo maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia número dez da Coruña e o seu partido, en resolución desta data, nos autos de proposta de adopción número 63/2001, que se seguen neste xulgado, acordouse citar a Ana María Vázquez Añón, actualmente en paradoiro descoñecido, a fin de que o día 5 de febreiro ás 9.45 horas compareza neste xulgado para práctica de dilixencias, prevíndoa de que, de non o verificar, recaerán sobre ela os prexuízos a que houber lugar en dereito.

A Coruña, 9 de decembro de 2002.

E para que conste e sirva de cédula de citación, expido este edicto, que asino na Coruña, o 9 de decembro de 2002.

A secretaria

Rubricado

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN

DA FONSAGRADA