Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 24 Martes, 04 de febreiro de 2003 Páx. 1.259

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA E ASUNTOS MARÍTIMOS

ORDE do 13 de agosto de 2002 pola que se autoriza a transmisión inter vivos da concesión da batea Ana II.

Visto o expediente instruído para efectos de transmisión da batea Ana II e da concesión administrativa que o ampara, resulta:

a) Antecedentes de feito.

Primeiro.-Mediante escrito do 9-4-2002, Manuel Domínguez Torres solicitou autorización para a transmisión da concesión da batea Ana II.

Segundo.-Os informes do Servicio de Protección dos Recursos sobre as características da batea e do Servicio Técnico Xurídico sobre a tramitación do expediente son favorables.

b) Fundamentos xurídicos.

Primeiro.-Este órgano é competente para resolve-lo expediente de conformidade coa Lei 6/1993, do 11 de maio, de pesca de Galicia, e coa Orde do 14 de xuño de 1999, de delegación de competencias nos delegados territoriais da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos.

Segundo.-O expediente seguiu tódolos trámites establecidos no procedemento administrativo común, coas especialidades previstas no Decreto 406/1996, do 7 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia, e na Orde do 15 de xuño de 1999, pola que se regula o procedemento para a transmisión da titularidade das concesións dos viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia.

Vistas as disposicións citadas, por proposta de resolución elaborada polo Servicio de Recursos Mariños, o artigo 89 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e demais normas de xeral e pertinente aplicación, esta consellería

RESOLVE:

Autoriza-la transmisión inter vivos, a favor de A Ostreira, S.L. (B-36022598), da concesión que se indica a continuación:

Identificación:

Tipo: batea.

Nome: Ana II.

Localización:

Cuadrícula nº: 189.

Polígono: D.

Distrito: Cambados (Pontevedra).

Especies autorizadas: ostra plana (Ostrea edulis).

Título habilitante: concesión.

Orde de outorgamento: 25-10-1972.

Remate da vixencia: 11-11-2002.

Actual/is titular/es: Manuel Domínguez Torres (35206666-Z) e Teresa Pérez Álvarez (76844591-G).

Novo/os titular/es: A Ostreira, S.L. (B-36022598).

Baixo as seguintes condicións:

Primeira.-O/Os actual/is titular/es deberá/n presentar no prazo máximo dun mes, contado desde o día seguinte ó da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia, orixinal ou fotocopia cotexada da seguinte documentación:

a) Documento notarial da transmisión ou doazón.

b) Solicitude ou carta de pagamento do imposto de transmisións patrimoniais ou documento de sucesións.

Segunda.-Transcorrido o prazo indicado na condición primeira sen ter achegado a documentación requirida, a autorización quedará sen efecto, logo de comunicación por parte da consellería.

Terceira.-O/Os novo/os titular/es da concesión queda/n subrogado/os nos dereitos e obrigas do/s anterior/es, desde o momento de formalización da compravenda en escritura pública.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes ante o conselleiro de Pesca e Asuntos Marítimos, ou recurso contencioso-administrativo, ante a xurisdicción contencioso-administrativa, no prazo de dous meses, contados en ámbolos dous casos desde o día seguinte ó da súa publicación, de conformidade co disposto no artigo 116 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e o artigo 46.1º da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Vigo, 13 de agosto de 2002.

P.D. (Orde 14-6-1999, DOG nº 120, do 24 de xuño)

Paloma Rueda Crespo

Delegada territorial de Vigo