Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 23 Luns, 03 de febreiro de 2003 Páx. 1.182

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 23 de xaneiro de 2003, do tribunal designado para xulga-lo proceso selectivo para o acceso ó corpo facultativo de grao medio da Xunta de Galicia (grupo B), escala de enxeñeiros técnicos de minas, convocado pola Orde do 8 de outubro de 2001 (Diario Oficial de Galicia número 199, do 15 de outubro), sobre a publicación da puntuación definitiva da fase de concurso.

En sesión que tivo lugar o día 20 de xaneiro de 2003, o tribunal designado para xulga-lo proceso selectivo para o acceso ó corpo facultativo de grao medio da Xunta de Galicia (grupo B), escala de enxeñeiros técnicos de minas, convocado pola Orde do 8 de outubro de 2001, ante a falta de alegacións á baremación provisional da fase de concurso, aprobada por resolución do tribunal mencionado do día

18 de decembro de 2002 e publicada no Diario Oficial de Galicia nº 251, do 30 de decembro, acordou, de conformidade co disposto na base II.1.4 da convocatoria, publica-la puntuación definitiva obtida na fase de concurso polos aspirantes que superaron o proceso de selección, que figura como anexo a esta resolución.

Contra esta resolución, que non pon fin á vía administrativa, poderán os aspirantes que o consideren oportuno formular recurso de alzada ante o conselleiro da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución.

Santiago de Compostela, 23 de xaneiro de 2003.

Carlos Gómez Martínez

Presidente do tribunal

ANEXO

Proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo de grao medio da Xunta de Galicia (grupo B), escala de enxeñeiros técnicos de minas.

Fase de concurso. Listaxe definitivo de valoración de méritos.

DNIPrimeiro apelidoSegundo apelidoNomeII.1.2.1II.1.2.2II.1.2.3II.1.2.4Total

11078626-DPérezRodríguezJesús Javier00000

33833272-LPernasVerdugoJosé Javier017,50017,5