Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 23 Luns, 03 de febreiro de 2003 Páx. 1.182

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 23 de xaneiro de 2003, do tribunal designado para xulga-lo proceso selectivo para o acceso ó corpo facultativo de grao medio da Xunta de Galicia (grupo B), escala de enxeñeiros técnicos de minas, convocado pola Orde do 8 de outubro de 2001 (Diario Oficial de Galicia número 199, do 15 de outubro), pola que se ordena a publicación da proposta de aspirantes que superaron o citado proceso.

En sesión celebrada o 20 de xaneiro de 2003 polo tribunal designado para xulga-lo proceso selectivo para o acceso ó corpo facultativo de grao medio da Xunta de Galicia (grupo B), escala de enxeñeiros

técnicos de minas, convocado pola Orde do 8 de outubro de 2001 (DOG número 199, do 15 de outubro), acordouse, de conformidade coa base IV da citada convocatoria, publica-la proposta de aspirantes que superaron, por orde de puntuación, as citadas probas na quenda de acceso libre.

Así mesmo, tal e como dispón a mencionada base IV, acordouse que o presidente do tribunal eleve a citada proposta á Dirección Xeral da Función Pública.

A orde de puntuación dos aspirantes establécese de acordo coa suma das puntuacións obtidas na fase de concurso e na fase de oposición, tal e como dispón a base II.2.5. da convocatoria e é a que figura no anexo, que se xunta á presente resolución.

Santiago de Compostela, 23 de xaneiro de 2003.

Carlos Gómez Martínez

Presidente do tribunal

ANEXO

Proposta de aspirantes que superaron o proceso selectivo para o acceso ó corpo facultativo de grao medio da Xunta de Galicia (grupo B), escala de enxeñeiros técnicos de minas.

Acceso libre.

OpositorDNIExame 1Exame 2Exame 3Exame 4ConcursoNota final

Pernas Verdugo, José Javier33833272-L10,6611,30Apto717,5046,46