Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 23 Luns, 03 de febreiro de 2003 Páx. 1.183

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 24 de xaneiro de 2003, do tribunal designado para xulga-lo proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior da Administración da Xunta de Galicia (grupo A), escala de enxeñeiros agrónomos, pola que se convocan os opositores para a realización do cuarto exercicio da fase de oposición.

Na sesión que tivo lugar o día 24 de xaneiro de 2002, o tribunal designado pola orde da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública do 25 de abril de 2002, para cualifica-lo proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior da Administración da Xunta de Galicia (grupo A), escala de enxeñeiros agrónomos, convocado pola orde da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública do 8 de outubro de 2001, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

Convoca-los opositores que superaron o terceiro exercicio e ós que, tendo aprobado o segundo, estaban exentos da realización do terceiro, para a realización do cuarto exercicio -suposto práctico- que se levará a cabo na aula 17 da Escola Galega de Administración Pública (EGAP), sita na rúa de Madrid 2-4, Polígono das Fontiñas en Santiago de Compostela, o día 15 de febreiro de 2003 a partir das 9.30 horas.

Os aspirantes deberán presentarse provistos de DNI ou documento fidedigno acreditativo da súa identidade.

Para tal efecto poderán utilizar textos legais sen comentarios, pero non libros de consulta, así como calculadoras non programables.

Santiago de Compostela, 24 de xaneiro de 2003.

José Antonio Martínez Carro

Presidente do tribunal