Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), sobre autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administra
tiva e a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita:
Solicitante: UDESA.
Domicilio social: rúa de Madrid, 1-B (polígono das Fontiñas), Santiago de Compostela.
Denominación: L.M.T. punto fronteira UDESA en Cerceda a derivación C.T. Portofranco.
Situación: Cerceda.
Descricións técnicas: liña eléctrica subterránea de media tensión, a 15/20 kV, en dobre circuíto, baixo tubo e con conductor R.H.V. 18/30 kV, de 2X3 (1x150) mm Al, de 307 m de lonxitude, con orixe na L.M.T. Meirama-Cerceda de Unión Fenosa Distribución, S.A. no lugar de Acevedo e final no centro de seccionamento de UDESA. Liña eléctrica aérea de media tensión, a 15/20 kV, sobre apoios de formigón e con conductor LA-110, en dobre circuíto, de 427 m de lonxitude, con orixe en celas do centro de seccionamento e final apoio onde deriva a C.T. Abeleira e C.T. Portofranco. Liña eléctrica aérea de media tensión, a 15/20 kV, sobre apoios de formigón e con conductor LA-56 de 102 m de lonxitude con orixe no tramo aéreo anterior e final no apoio seguinte. Centro de seccionamento, equipado con celas de entrada, liña (2) cela de medida, celas de protección de 4 liñas (4), celas de remonte (2) e celas saída de liña (4). Cerceda.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examina-lo expediente e presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, sita no edificio administrativo de Monelos, s/n, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir da última publicación.
A Coruña, 11 de decembro de 2002.
Jesús Espada Martínez
Delegado provincial da Coruña