Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 22 Sábado, 01 de febreiro de 2003 Páx. 1.172

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

ACORDO do 11 de decembro de 2002, da Delegación Provincial da Coruña, polo que se somete a información pública a petición de autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 02/370).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), sobre autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: UDESA.

Domicilio social: rúa de Madrid, 1-B (polígono das Fontiñas) Santiago de Compostela.

Denominación: L.M.T.A., C.T., R.B.T. Arinteiro.

Situación: Touro.

Descricións técnicas: liña eléctrica aérea de media tensión, a 10/20 kV, sobre apoios de formigón e con conductor PAS-50/LA-56 mm, de 916 m de lonxitude, con orixe na liña Millares-Quián e final en C.T. Arinteiro, que se vai instalar. Centro de transformación, tipo caseta, de 100 kVA e tensións 10/0,380-0,220 KV, en Arinteiro, do que parte rede de baixa tensión, sobre apoios de formigón e con conductor R.Z. de 1.174 m de lonxitude, discorrendo por Arinteiro-Loxo. Touro.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examina-lo expediente e presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, sita no edificio administrativo de Monelos, s/n, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir da última publicación.

A Coruña, 11 de decembro de 2002.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña