Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 22 Sábado, 01 de febreiro de 2003 Páx. 1.172

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 15 de xaneiro de 2003, da Subdirección Xeral de Estradas, sobre información pública do proxecto de trazado e do estudio de impacto ambiental da variante de Marín, treito de conexión da A-9 coa estrada de Figueirido. (Clave N/PO/91.10.1.

Por Resolución do 23 de setembro de 2002, da Dirección Xeral de Obras Públicas da Consellería de Política Territorial Obras Públicas e Vivenda, déixase sen efecto a aprobación técnica provisional do proxecto de trazado e do estudio de impacto ambiental da variante de Marín, treito de conexión da A-9 coa estrada de Figueirido (clave N/PO/91.10.1), como consecuencia do resultado da información pública aberta por Resolución do 17 de outubro de 2001, da Subdirección Xeral de Estradas, e publicada no Diario Oficial de Galicia nº 220 do 14 de novembro, e no Boletín Oficial del Estado nº 255, do 24 de outubro.

Por Resolución do 15 de xaneiro de 2003, da Dirección Xeral de Obras Públicas da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, apróbase tecnicamente un novo proxecto de trazado da variantre de Marín, treito de conexión da A-9 coa estrada de Figueirido (clave N/PO/91.10.1) que é o que se somete a información pública, de acordo co establecido no artigo 15.1º da Lei 4/1994, do 14 de setembro, de estradas de Galicia, durante un período de trinta días hábiles a partir da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, para que as persoas que o consideren oportuno poidan formular por escrito ante a Dirección Xeral de Obras Públicas as observacións que crean convenientes relativas ás circunstancias que xustifiquen a declaración de interese xeral da estrada e sobre a concepción global do seu trazado.

Así mesmo, durante este período sométese ó trámite de información pública o estudio de impacto ambiental contido no proxecto de trazado segundo o disposto na Lei 1/1995, do 2 de xaneiro, de protección ambiental de Galicia, no Decreto 442/1990, do 13 de setembro, de avaliación de impacto ambiental para Galicia, e na Lei 6/2001, do 8 de maio, de modificación do Real decreto lexislativo 1302/1986, do 28 de xuño, de avaliación de impacto ambiental.

Estará a exposición ó público para estes efectos no Servicio Provincial de Estradas de Pontevedra, na Dirección Xeral de Obras Públicas e no Concello de Pontevedra.

Santiago de Compostela, 15 de xaneiro de 2003.

Antonio López Blanco

Subdirector xeral de Estradas