Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 22 Sábado, 01 de febreiro de 2003 Páx. 1.173

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

ACORDO do 27 de decembro de 2002, da Delegación Provincial da Coruña, polo que se somete a información pública a petición de autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 02/359).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), sobre autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Industrial Barcalesa, S.L.

Enderezo social: Corneira-A Baña.

Denominación: L.M.T.A., C.T. aéreo e L.B.T. aérea en Parada.

Situación: Santa Comba.

Descricións técnicas: ramal L.M.T. aérea a 15/20 kV de 15 m de lonxitude en conductor LA-56, e C.T. aéreo de 50 kVA no lugar de Parada. Concello de Santa Comba.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examina-lo expediente e presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, sita no edificio administrativo de Monelos, s/n, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir da última publicación.

A Coruña, 27 de decembro de 2002.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña