Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 21 Venres, 31 de xaneiro de 2003 Páx. 1.154

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE RIANXO

ANUNCIO.

Por resolución da Alcaldía, do 17 de xaneiro de 2003, aprobáronse o prego de cláusulas administrativas particulares e os anexos, por medio de concurso con procedemento aberto, para a contratación da obra de mellora dos accesos ó mirador de Castro Barbudo.

Convócase a licitación da obra coas seguintes condicións:

1. Proxecto: mellora dos accesos ó mirador de Castro Barbudo.

2. Orzamento base de licitación: 79.473,30 euros (IVE incluído).

3. Aplicación orzamentaria: 511.Z2.601.00.

4. Prazo de execución: 2 meses.

5. Clasificación: non se esixe.

6. Lugar de presentación de ofertas: rexistro xeral do Concello de Rianxo, das 9 ás 14 horas.

7. Prazo de presentación de proposicións: dentro dos 26 días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación do último anuncio no BOP ou DOG.

8. Garantía provisional: non se esixe.

9. Garantía definitiva: 4% da adxudicación.

10. Taxa do contrato: o contratista deberá asumi-lo custo da dirección de obra.

11. Revisión de prezos: non procede a revisión de prezos.

12. Control de calidade: de acordo co punto 15.3.1. do prego de condicións presentarase un programa de control de calidade.

13. O importe máximo dos gastos de publicidade da licitación será por conta do contratista.

Outros datos:

Información: teléfono 981 86 00 75, 981 86 00 76.

Lugar onde se poden obte-las copias do proxecto e prego: Concello de Rianxo.

O que se fai público para os efectos oportunos.

Rianxo, 17 de xaneiro de 2003.

Pedro Piñeiro Hermida

Alcalde