Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 21 Venres, 31 de xaneiro de 2003 Páx. 1.154

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DO PORRIÑO

ANUNCIO.

Por este anuncio advírtese da exposición ó público, durante o prazo de oito días fixado no artigo 122 do texto refundido das disposicións vixentes en materia de réxime local, do prego de condicións xurídicas e económico-administrativas que rexen a contratación, polo procedemento aberto e de concurso, da realización dun estudio de aforro enerxético, execución de equipamentos subseguintes de aforro enerxético e xestión do servicio de conservación e mantemento da rede de luz pública municipal mediante concesión.

Así mesmo, convócase a licitación pública para adxudicar, polo procedemento aberto e de concurso, a realización dun estudio de aforro enerxético, execución de equipamentos subseguintes de aforro enerxético e xestión do servicio de conservación e mantemento da rede de luz pública municipal mediante concesión. En todo caso, a licitación aprazarase de presentárense reclamacións contra o prego de condicións, ata que non sexan resoltas.

Obxecto: execución da realización dun estudio de aforro enerxético, execución de equipamentos subseguintes de aforro enerxético e xestión do servicio de conservación e mantemento da rede de luz pública municipal mediante concesión.

Presentación de proposicións: nun prazo de 15 días contados a partir da data de publicación deste anuncio de licitación no BOP, no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de edictos do concello.

José Manuel Barros González

Alcalde