Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 21 Venres, 31 de xaneiro de 2003 Páx. 1.155

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SADA

ANUNCIO de aprobación definitiva de delimitación de unidade de execución e estudio de detalle en Agra da Cruz (Samoedo).

Por Decreto da Alcaldía nº 630/2002, do 13-12-2002, aprobouse definitivamente a delimitación da unidade de execución en Agra da Cruz, Samoedo, a pedimento de La Añota, S.L.

Así mesmo, o Concello Pleno en sesión realizada o 20-12-2002 aprobou definitivamente o estudio de detalle da devandita unidade de execución.

O que se fai público consonte o disposto na Lei do solo de Galicia, os interesados poderán no prazo dun mes interpor recurso de reposición (perante o alcalde-presidente a delimitación de U.E., e perante o Concello Pleno o estudio de detalle) ou ben no prazo de dous meses directamente recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. O prazo computarase a partir da última publicación no DOG ou no BOP da Coruña. Todo o anterior consonte o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, así como o disposto no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdicción contencioso-administrativa.

Sada, 15 de xaneiro de 2003.

Ramón Rodríguez Ares

Alcalde