Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 21 Venres, 31 de xaneiro de 2003 Páx. 1.134

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE FAMILIA E PROMOCIÓN DO EMPREGO, MULLER E XUVENTUDE

ORDE do 14 de xaneiro de 2003 pola que se fixan os prezos de venda ó público de diversas publicacións da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude.

A Lei 31/1991, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia, no seu artigo 6, sinala a obriga de que os prezos privados sexan publicados no Diario Oficial de Galicia.

Para cumprir este mandado e despois de emitido o preceptivo informe favorable da Consellería de Economía e Facenda, esta consellería

DISPÓN:

Artigo único.

1. Quedan aprobados os prezos de venda ó público das publicacións que se relacionan no anexo.

2. Estes prezos entenderanse con IVE incluído.

Disposición derradeira

Única.-Esta orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 14 de xaneiro de 2003.

Manuela López Besteiro

Conselleira de Familia e Promoción do Emprego,

Muller e Xuventude

ANEXO

-Recomendacións para unha linguaxe non discriminatoria na Administración pública. 2ª edición: 3 A.-As mulleres na obra de frei Martín Sarmiento (1695-1772): 5 A.-III Plan Integral de Apoio á Familia: 9 A.-Chungungo e catro contos máis: 3 A.-Teletraballo: 5 A.-7ª Xuntanza de Novos Investigadores: 8 A.-Guía de boas prácticas en ciencia e tecnoloxía (libro): 5 A.

-Guía de boas prácticas empresariais: 4 A.-Comunica igualdade a través da imaxe. A imaxe das mulleres nos medios de comunicación: 5 A.-51 palabras para falar da tele, no colexio, na casa. Máis o xogo dos mirabéns: 9 A.-III Certame Galego de Imaxe Artística Xuventude 2002 Banda Deseñada: 3 A.-Outono fotográfico 2002. III Certame Galego de Imaxe Artística Xuventude 2002: 12 A.-María Casares, unha actriz fronte á cámara. Entre o exilio e o reino: 9 A.-Nun edificio e catro contos máis: 3 A.-A comunidade xitana en Galicia, 1990-2000: 15 A.