Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 21 Venres, 31 de xaneiro de 2003 Páx. 1.134

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

ESCOLA GALEGA DE ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 27 de xaneiro de 2003 pola que se convocan unhas Xornadas sobre a reforma do desemprego.

Dentro do Plan de actividades da Escola Galega de Administración Pública para o 2003 e de acordo coas funcións atribuídas pola Lei 4/1987, do 27 de maio, de creación da Escola, e pola Lei 10/1989, do 10 de xullo, de modificación da anterior, convócanse unhas Xornadas sobre a reforma do desemprego, convocatoria que se desenvolverá conforme as seguintes bases:

1. Obxectivos.

-Coñecemento e debate das principais orientacións de reforma da última modificación da protección por desemprego.

-Análise das súas incidencias no contrato de traballo: salarios de tramitación, pagamento das vacacións, encadeamento de contratos temporais.

-Estudio das orientacións das políticas de emprego en relación coa cobertura do desemprego.

-Descrición dos colectivos máis afectados pola reforma: eventuais agrarios, fixos periódicos, traballadores migrantes e beneficiarios de subsidios asistenciais.

-Interpretación do contido dos conceptos de oferta de emprego adecuada e de compromiso de actividade.

2. Contido.

Trataranse estes temas:

-Principais liñas de reforma da protección por desemprego.-As novidades no ámbito da prestación contributiva.

-As novidades no nivel asistencial da protección por desemprego.

-O concepto de colocación adecuada e o compromiso de actividade.

-Os programas de emprego dos perceptores de prestacións. Pagamento único. Mobilidade xeográfica. Formación profesional. Compatibilidade co traballo por conta allea.

-A nova normativa sobre salarios de tramitación.

3. Destinatarios.

Persoal ó servicio da Xunta de Galicia e da Administración local galega e interesados en xeral.

4. Desenvolvemento.

-Horario: mañá e tarde.

-Lugar e datas: as xornadas convocadas desenvolveranse no salón de actos da Delegación Provincial da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública na Coruña (praza de Pontevedra, s/n, da citada cidade), os días 24 e 25 de febreiro de 2003.

5. Inscrición.

-Prazo: remata o xoves, día 20 de febreiro de 2003.

-Tramitación de solicitudes: as solicitudes irán dirixidas ó director da Escola Galega de Administración Pública, Polígono das Fontiñas, Rúa de Madrid, 2-4, 15707 Santiago de Compostela, segundo o modelo que figura como anexo a esta convocatoria, e presentaranse no rexistro xeral da EGAP, ou por calquera das formas previstas no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemen

to administrativo común. Admitiranse tamén inscricións por telefax: 981 54 63 30.

-Número de prazas: limitado á capacidade do local.

-Inscrición fóra de prazo: só se admitirán de quedaren prazas baleiras, coa condición de que se cumpran os requisitos xerais antes indicados.

Os peticionarios poderán obter confirmación da súa posible admisión, chamando por teléfono, o día 21 de febreiro, de 8.30 a 14.30 horas, ós seguintes números: 981 54 62 39/44 ou 981 54 60 40.

6. Modificacións.

A EGAP reserva para si a facultade de interpretar e de resolve-las incidencias que puidesen xurdir no desenvolvemento das xornadas, así como o de cancelalas se o escaso número de solicitudes non xustificase a súa realización.

7. Certificación de asistencia.

Entregaráselles ó remate destas xornadas a aquelas persoas inscritas que concorresen asiduamente a elas, cando a súa asistencia sexa igual ou superior ó 85% das horas lectivas programadas, e expresarase, neste documento, a natureza da actividade e as datas da súa realización.

Santiago de Compostela, 27 de xaneiro de 2003.

Domingo Bello Janeiro

Director da Escola Galega de Administración

Pública

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS

E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA