Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 19 Mércores, 29 de xaneiro de 2003 Páx. 1.079

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE TUI

EDICTO.

De conformidade co artigo 326 da Lei 5/1997, da Administración local en Galicia, anúnciase o seguinte:

Anúnciase a concesión por pública poxa do local dedicado a supermercado na nova praza de abastos de Tui.

As proposicións referidas á expresada licitación poderán presentarse, individualmente para cada obra, nas oficinas deste concello, no prazo de trece días naturais, en horario de 9 a 14 horas, a partir da última publicación de edicto no BOP ou DOG, podéndose examinar nelas o prego de condicións de cada obra.

Tui, 30 de decembro de 2002.

Antonio F. Fernández Rocha

Alcalde