Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 19 Mércores, 29 de xaneiro de 2003 Páx. 1.079

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE MIÑO

ANUNCIO do proxecto de compensación APOD 11 do Plan Xeral de Ordenación Municipal.

A Comisión de Goberno, na sesión extraordinaria celebrada o día 12 de novembro de 2002, adoptou os seguintes acordos:

Primeiro.-Aprobar inicialmente o proxecto de compensación do APOD 11 do Plan Xeral de Ordenación Municipal de Miño, redactado polo arquitecto sr. Celada Gómez por instancia de María del Rosario Martínez Bouza, como propietaria única.

Segundo.-Sometelo a información pública por un prazo de vinte días, mediante un anuncio que se inserirá no taboleiro de edictos do concello e no Diario Oficial de Galicia.

Durante o dito prazo quedará o expediente na secretaría do concello ó dispor de calquera persoa física ou xurídica que queira examinalo e formula-las alegacións que se consideren procedentes.

O anterior faise público en cumprimento do disposto nos artigos 133 e 102 da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, para os efectos de que durante o prazo de vinte días hábiles, contados desde a publicación do presente anuncio no DOG, poidan formula-las reclamacións e alegacións que se consideren pertinentes.

Miño, 23 de decembro de 2002.

Deogracias Romeu López

Alcalde