Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 19 Mércores, 29 de xaneiro de 2003 Páx. 1.078

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE BURELA

ANUNCIO de adxudicación.

O Pleno do Concello en sesión celebrada o 17 de decembro de 2002 acordou a adxudicación da xestión dos servicios públicos de recollida e transporte de residuos sólidos urbanos e limpeza de espacios públicos no termo municipal de Burela (anuncio de licitación publicado no DOG nº 179 e no BOP nº 214, do 17 de setembro de 2002, procedemento aberto, concurso, tramitación ordinaria), á empresa Celta Prix, S.L., por importe de 414.113,76 A; a

duración do contrato será de 15 anos, prorrogables por quinquenios sucesivos ata o máximo permitido pola lei.

O que se publica en cumprimento do artigo 93 do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas.

Burela, 19 de decembro de 2002.

P.D. (Resolución 8-9-1999)

Cristóbal Edrosa Fernández

Segundo tenente alcalde