Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 19 Mércores, 29 de xaneiro de 2003 Páx. 1.078

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE ARTEIXO

ANUNCIO (60/2002.PMP).

O Pleno da Corporación, en sesión celebrada o 28-11-2002, acordou prestar aprobación inicial á modificación puntual das normas no ámbito URME 1 comprendido entre as rúas Nicaragua e República do Salvador no núcleo urbano de Arteixo, promovida por Construcciones Rodaroal, S.L., a cal se somete a información pública por prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da publicación do presente anuncio.

Durante o dito prazo as persoas interesadas poderán examina-lo seu contido nas dependencias do Servicio de Urbanismo, e, se o consideran oportuno, presenta-las alegacións que estimen convenientes.

Para dar cumprimento ó disposto no artigo 34 da Lei 1/1997, do solo de Galicia, queda suspendido o outorgamento de licencias de edificación, parcelación e demolición no ámbito territorial afectado pola aludida modificación puntual, mentres non se produza a súa aprobación definitiva.

Arteixo, 26 de decembro de 2002.

P.D. (Decreto 587/1999)

María Isabel Vila Vilas

Primeira tenente alcalde