Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 19 Mércores, 29 de xaneiro de 2003 Páx. 1.079

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE FERROL

EDICTO.

Por decreto da Alcaldía Presidencia do 25 de novembro de 2002, aprobouse inicialmente o Plan especial de protección e rehabilitación do barrio da Magdalena, que queda sometido a información pública por prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia, para que as persoas interesadas poidan examina-lo seu contido presentándose nas dependencias municipais de Urbanismo sitas na rúa María nº 52-54, 4º andar, en horario de 10 a 14 horas e presenta-las alegacións que estimen convenientes.

Ferrol, 28 de novembro de 2002.

Xaime Bello Costa

Alcalde