De conformidade co disposto nas bases V e VI da convocatoria para o ingreso no corpo de xestión de administración da Xunta de Galicia (grupo B), escala técnica de estatísticos, levada a efecto pola
Orde do 12 de decembro de 2001 (DOG nº 245, do 20 de decembro), e remitida pola Dirección Xeral da Función Pública a proposta de aspirantes que superaron o proceso selectivo, elevada polo correspondente tribunal, esta consellería
DISPÓN:
Primeiro.-Elevar a definitiva a proposta do tribunal dos aspirantes que superaron o proceso selectivo
para o ingreso no corpo de xestión de administración da Xunta de Galicia (grupo B), escala técnica de estatísticos, que se publica como anexo a esta orde.
Segundo.-Os aspirantes que constan no dito anexo deberán remitir, no prazo de vinte días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia, á Dirección Xeral da Función Pública da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública, os documentos a que se refire a base VI.1 da orde da convocatoria.
Terceiro.-Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer, con carácter potestativo, recurso de reposición perante o conselleiro da Presidencia, Relacións Institucionais e Adminis
tración Pública, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, ou directamente recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da súa publicación, perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, segundo os artigos 8.2º e 10.1º da Lei 29/1998, do 13 de xullo.
Santiago de Compostela, 20 de xaneiro de 2003.
Jaime Pita Varela
Conselleiro da Presidencia, Relacións
Institucionais e Administración Pública
ANEXO
Relación definitiva de aspirantes que superaron o proceso selectivo para o ingreso no corpo de xestión de Administración da Xunta de Galicia (grupo B), escala técnica de estatísticos
Acceso libre
DNI Primeiro apelido Segundo apelido Nome Ex.1ª Ex.2º Ex.3º Ex. 4º Ex.5º Total
32667226-G Calvo Ocampo María Esther 12 28 27 3,50 Exenta 70,50
78798805-T Romero Martínez María Pilar 13,33 31,50 22 2,50 Exenta 68,38