Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 19 Mércores, 29 de xaneiro de 2003 Páx. 1.055

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 21 de xaneiro de 2003 pola que se eleva a definitiva a proposta de aspirantes que superaron o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior da Xunta de Galicia (grupo A), escala de arqueólogos.

De conformidade co disposto nas bases IV e V da convocatoria para o ingreso na escala de arqueólogos, levada a efecto pola Orde do 8 de outubro de 2001 (DOG nº 199, do 15 de outubro. Corrección de erros DOG nº 206, do 24 de outubro de 2001), e remitida pola Dirección Xeral da Función Pública a proposta de aspirantes que superaron o proceso selectivo, elevada polo correspondente tribunal, esta consellería

DISPÓN:

Primeiro.-Elevar a definitiva a proposta do tribunal dos aspirantes que superaron o proceso selectivo para o ingreso na escala de arqueólogos do corpo facultativo superior da Xunta de Galicia (grupo A), que se publica como anexo a esta orde.

Segundo.-Os aspirantes que constan no dito anexo deberán remitir, no prazo de vinte días naturais con

tados a partir do seguinte ó da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia, á Dirección Xeral da Función Pública da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública, os documentos a que se refire a base V.1 da orde da convocatoria.

Terceiro.-Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer, con carácter potestativo, recurso de reposición perante o conselleiro da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, ou directamente recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da súa publicación, perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, segundo os artigos 8.2º e 10.1º da Lei 29/1998, do 13 de xullo.

Santiago de Compostela, 21 de xaneiro de 2003.

Jaime Pita Varela

Conselleiro da Presidencia, Relacións

Institucionais e Adminsitración Pública

ANEXO

Relación definitiva de aspirantes que superaron o proceso selectivo para o ingreso na escala de arqueólogos do corpo facultativo superior da Xunta Galicia (grupo A)

Acceso libre

DNIPrimeiro apelidoSegundo apelidoNomeEx.1ªEx.2ºEx.3ºEx. 4ºConcursoTotal

35285770-KPenedoRomeroRafael1415Apto5,517,552

33259387-FMariñoDomínguezMª del Carmen10,813Exenta6,510,841,1