Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 19 Mércores, 29 de xaneiro de 2003 Páx. 1.054

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 20 de xaneiro de 2003 pola que se eleva a definitiva a proposta de aspirantes que superaron o proceso selectivo para o ingreso no corpo superior de administración da Xunta de Galicia (grupo A), escala superior de estatísticos.

De conformidade co disposto nas bases V e VI da convocatoria para o ingreso no corpo superior de administración da Xunta de Galicia (grupo A), escala superior de estatísticos, levada a efecto pola

Orde do 12 de decembro de 2001 (DOG nº 245, do 20 de decembro), e remitida pola Dirección Xeral da Función Pública a proposta de aspirantes que superaron o proceso selectivo, elevada polo correspondente tribunal, esta consellería

DISPÓN:

Primeiro.-Elevar a definitiva a proposta do tribunal dos aspirantes que superaron o proceso selectivo para o ingreso no corpo superior de administración da Xunta de Galicia (grupo A), escala superior de estatísticos, que se publica como anexo a esta orde.

Segundo.-Os aspirantes que constan no dito anexo deberán remitir, no prazo de vinte días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia, á Dirección Xeral da Función Pública da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública, os documentos a que se refire a base VI.1 da orde da convocatoria.

Terceiro.-Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer, con carácter potestativo, recurso de reposición perante o conselleiro da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, ou directamente recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da súa publicación, perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, segundo os artigos 8.2º e 10.1º da Lei 29/1998, do 13 de xullo.

Santiago de Compostela, 20 de xaneiro de 2003.

Jaime Pita Varela

Conselleiro da Presidencia, Relacións

Institucionais e Administración Pública

ANEXO

Relación definitiva de aspirantes que superaron o proceso selectivo para o ingreso no corpo superior de administración da Xunta de Galicia (grupo A), escala superior de estatísticos

Acceso libre

DNIPrimeiro apelidoSegundo apelidoNomeEx.1ªEx.2ºEx.3ºEx. 4ºEx.5ºTotal

32673611-HVillarChedaMaría Estefanía13,5831,6223,33,25Exenta71,750

33294822-EDíazDoutonRosa María12,3425,36273,625Exenta68,325

33296796-HSilveiraCalviñoSolmary14,3825,7020,64,125Exenta64,805

76823077-HJacomeRodríguezRaúl10,022017,082,500Exenta50,320