Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 18 Martes, 28 de xaneiro de 2003 Páx. 1.018

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO DOUS DE VIGO

CÉDULA de notificación (498/2002).

Nos autos de referencia seguidos neste xulgado dictouse a seguinte providencia. A maxistrada-xuíza do Social número dous de Vigo, Rosa M. Rodríguez Rodríguez, en Vigo o 27 de novembro de 2002.

Tendo en conta o anterior escrito presentado pola parte demandante, rexístrese de execución e fórmese con este, peza separada que se encabezará con copia certificada da sentencia dictada nos presentes autos.

Requírase á demandada Xunta de Galicia, Consellería de Asuntos Sociais, para que en prazo de quince días acredite o cumprimento da sentencia en tódolos seus termos.

Notifíquese a presente resolución ás partes, advertíndolles que contra esta poden interpor recurso de reposición, no prazo de cinco días, ante este mesmo xulgado.

Así o acorda e asina a S. Sª. Iltma. Dou fe.

E para que así conste e sirva de notificación en forma a vostede, expido e asino a presente cédula en Vigo, na mesma data.

A secretaria xudicial

Rubricado

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS

E VIVENDA