Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 18 Martes, 28 de xaneiro de 2003 Páx. 1.017

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO DOUS DE OVIEDO

EDICTO (725/2002).

Eu, Misael León Noriega, secretario do Xulgado do Social número dous de Oviedo e a súa provincia, fago saber que por resolución dictada no día da data no proceso seguido nestes autos, número demanda 725/2002, por instancia de José María Platero Montes contra INSS, Tesourería Xeral da Seguridade Social, Asepeyo-Mutua de A. de T. y E.P.SG.S., Proyecciones a Máquina, S.L. sobre Seguridade Social, acordouse citar a Proyecciones a Máquina, S.L., en paradoiro descoñecido, co fin de que compareza o día 11 de febreiro de 2003, ás 11 horas da mañá, para a realización dos actos de conciliación e, se é o caso, xuízo, que terán lugar na sala de vistas deste Xulgado do Social número dous sito na r/ Santa Teresa, 15, debendo comparecer persoalmente ou mediante persoa legalmente apoderada, e con tódolos medios de proba de que intente valerse, coa advertencia de que é única convocatoria e que os ditos actos non se suspenderán por falta inxustificada de asistencia.

E para que lle sirva de citación a Proyecciones a Máquina, S.L., expídese este edicto para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

En Oviedo o dezaoito de decembro de dous mil dous.

O secretario xudicial

Rubricado