Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 18 Martes, 28 de xaneiro de 2003 Páx. 1.017

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO UN DE LUGO

EDICTO (577/2002).

Rafael González Alió, secretario do Xulgado do Social número un de Lugo, dá fe e testemuño que nos autos de xuízo número 577/2002, seguidos por instancia de Víctor Díaz Pin contra a empresa Autoescuela Río Miño, S.L. e outro, sobre cantidade, se dictou a sentencia cun encabezamento e parte dispositiva que di:

«Sentencia. Lugo, 10 de decembro de 2002.

Vistos por María de los Ángeles Andrés Vega, maxistrada xuíza do Xulgado do Social número un dos de Lugo, estes autos de xuízo verbal número 577/2002, sobre reclamación de cantidade, no que son partes, como demandante, Víctor Díaz Pin, representado polo letrado Victoriano de Azcárraga Salvadores e, como parte demandada, o Fondo de Garantía Salarial (Fogasa), representado polo letrado José Carlos Pérez Vázquez. Non compareceu a empresa Autoescuela Río Miño, S.L., malia estar citada en legal forma.

Decido que estimando a demanda interposta por Víctor Díaz Pin contra a empresa Autoescuela Río Miño, S.L., debo condenar e condeno a empresa demandada a lle aboar ó demandante a cantidade bruta de seis mil cincocentos cincuenta e seis euros con cincuenta céntimos de euro (6.556,50 euros), polos conceptos expresados no segundo dos feitos probados desta resolución.

Absólvese o Fondo de Garantía Salarial (Fogasa) sen prexuízo da eventual e ulterior responsabilidade subsidiaria que puidese alcanzalo de se declara-la insolvencia empresarial.

Notifíqueselles esta sentencia ás partes, coa advertencia de que contra ela cabe interpor recurso de suplicación para ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, na Coruña, dentro dos cinco días seguintes ó da súa notificación, por conducto deste Xulgado do Social, logo do depósito das cantidades obxecto de condena, e cos requisitos esixidos no artigo 189 e seguintes do texto refundido da Lei de procedemento laboral e, en especial, o disposto no artigo 228 do citado corpo legal, consistente en que será indispensable que o recorrente que non gozase do beneficio de xustiza gratuíta acredite, ó anuncia-lo recurso de suplicación, ter consignado na conta de depósitos e consignacións, nº 2322-60- nº de autos 577/2002, que este Xulgado

do Social ten aberta no Banco Bilbao Vizcaya desta cidade, na rúa da Raíña nº 1, a cantidade obxecto da condena. Poderá substituírse a consignación en metálico polo aseguramento mediante aval bancario, no que deberá facerse consta-la responsabilidade solidaria do avalista. O xustificante de consignación en metálico ou, de se-lo caso, o documento de aseguramento, nos que deberá consta-lo número do procedemento, quedará baixo a custodia do secretario, que expedirá testemuño destes para a súa unión ós autos, facilitando o oportuno recibo, mailo depósito de 150,25 euros, prevido para esta clase de recursos, que deberá constituírse na mesma conta nº 2322-65 nº de autos 577/2002 do Banco Bilbao Vizcaya, que para o efecto e baixo a denominación de recurso de suplicación existe, e deberán entregarse os xustificantes na secretaría deste xulgado ó tempo de interpo-lo recurso, no caso de se-la empresa demandada quen o interpuxese, de conformidade co disposto no artigo 227 do referido texto

legal.

Así, por esta miña sentencia, pronúncioo, mándoo e asínoo. María de los Ángeles Andrés Vega. Rubricado.

Publicación.-A anterior sentencia foi lida e publicada pola maxistrada que a subscribe, que estaba celebrando audiencia pública no día da súa data, do que eu, secretario, certifico. Rafael González Alió. Rubricado».

Concorda ben e fielmente co orixinal, e para que sirva de notificación en forma á empresa Autoescuela Río Miño, S.L., en ignorado paradoiro, expido e asino este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia, en Lugo, o 10 de decembro de 2002.

Rubricado