Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 18 Martes, 28 de xaneiro de 2003 Páx. 1.018

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 30 de decembro de 2002, da Dirección Xeral de Transportes, pola que se publica a adxudicación definitiva da concesión do servicio público regular permanente de uso xeral de transporte de viaxeiros por estrada V-7062; XG-436, Rois (Antequeira)-Santiago de Compostela, con anexos, por substitución e unificación das concesións: V-3025; XG-340, Padrón-Parroquia de Urdilde-A Calle, e V-3263; XG-363, Rois-Santiago de Compostela.

O conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, mediante Orde do 25 de novembro

de 2002, resolveu outorgar, con carácter definitivo, á empresa Viajes Rois, S.L., a concesión do servicio público regular permanente de uso xeral de transporte de viaxeiros por estrada V-7062; XG-436, Rois (Antequeira)-Santiago de Compostela, con anexos, por substitución e unificación das concesións: V-3025; XG-340, Padrón-Parroquia de Urdilde-A Calle, e V-3263; XG-363, Rois-Santiago de Compostela, de acordo, entre outras, coas seguintes condicións de prestación do servicio:

1.Itinerarios e puntos de parada.

* Rois (Antequeira), Samil, Oín de abaixo, Pontemoeiro, Peruca, O Cruceiro, O Casal, Meana, Siaxe, Tourís, Francelos, Coruxido, Casaldoeiro, Soigrexa, Sabaxáns, Chave da Ponte, Chave de Carballo, A Telleira, Eirapedriña, Guimeráns, Framil, Costoia, Pardiñas, Casas do Monte, Paredes, A Barcia, Vidal (H. Clínico) e Santiago de Compostela (E.A.)

* Samil, O Castro, A Serra, Extramundi de Abaixo, Extramundi de Arriba e Padrón.

* Rois (Antequeira), Infesta, Herbogo e Buxán.

* Rois (Antequeira), Ponte Nova, Cornes, Carrais, Liñares, Quintas, Vilariño e Urdilde.

2. Prohibicións de tráfico.

* De e entre Buxán, Rois (Antequeira) e Padrón, puntos intermedios e viceversa.

* De e entre Guimeráns e Framil, puntos intermedios e viceversa.

* De e entre A Barcia e Santiago de Compostela, puntos intermedios e viceversa.

* De Padrón para Santiago de Compostela e viceversa.

* De Urdilde para o tramo Barcia-Santiago de Compostela e viceversa.

3. Expedicións e calendario.

Extramundi de Arriba-Rois (Antequeira)-Santiago de Compostela (27,6 km).

* Sete expedicións de ida e seis de volta de luns a venres laborables.

* Catro expedicións de ida e volta os sábados laborables.

* Catro expedicións de ida e volta os domingos e festivos.

Buxán-Rois (Antequeira)-Extramundi de Arriba-Samil-Santiago de Compostela (36,8 km).

* Unha expedición de ida e volta de luns a venres laborables.

Urdilde-Rois (Antequeira)-Padrón (14 km).

* Unha expedición de ida e volta os luns, mércores e venres.

* Unha expedición de ida e volta os domingos.

4 tarifas.

Tarifa aplicable:

* Tarifa partícipe por viaxeiro/km: 0,082667 A.

* Tarifa usuario: 0,088454 A.

A tarifa usuario obtense ó adiciona-lo imposto correspondente á tarifa partícipe (7% IVE).

* Exceso de equipaxes e encargos (excluído IVE): 0,012400 A.

Contra a citada orde, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso de reposición no prazo dun mes ante este mesmo órgano ou recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, contados, ámbolos dous prazos, a partir do día seguinte ó da publicación no Diario Oficial de Galicia da resolución pola que se fai pública a adxudicación definitiva da concesión. En todo caso non se poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo ata que sexa resolto expresamente ou se produza a desestimación presunta do recurso de reposición.

Santiago de Compostela, 30 de decembro de 2002.

María José Bravo Bosch

Directora xeral de Transportes