Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 18 Martes, 28 de xaneiro de 2003 Páx. 1.016

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA NÚMERO DEZ DA CORUÑA

CÉDULA de notificación (66/2002).

En virtude do acordado polo maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia número dez da Coruña e o seu partido, en resolución desta data, dimanante dos autos de separación contenciosa número 66/2002, seguidos por instancia de Juan José Taibo Pandelo, representado pola procuradora Francisca Olivera Molina, contra María Hildete Miranda Domingues, dictouse sentencia que no seu encabezamento e decisión di como segue:

«Na Coruña o dezasete de decembro de dous mil dous.

Vistos por Ángel Barrallo Sánchez, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia número dez da Coruña e o seu partido, estes autos de separación contenciosa seguidos neste xulgado co número 66/2002, por instancia de Juan José Taibo Pandelo, representado pola procuradora Francisca Oliveira Molina e defendido pola letrada Victoria Francech, sendo parte demandada María Hildete Miranda Domingues, declarada en situación de rebeldía procesual e paradoiro descoñecido.

Decido que estimando a demanda interposta pola procuradora Francisca Oliveira Molina en nome e representación de Juan José Taibo Pandelo, contra María Hildete Miranda Domínguez en situación procesal de rebeldía procesual, debo declarar e declaro a separación do matrimonio constituído por Juan José Taibo Pandelo e María Hildete Domingues, celebrado en paría o 30 de xuño de 1979 con tódolos efectos legais inherentes a tal pronunciamento.

Sen imposición de custas.

Contra esta resolución cabe recurso de apelación que se interporá por escrito perante este mesmo xulgado no prazo de cinco días desde a súa notificación.

Así por esta miña sentencia, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo. Seguen sinaturas e rúbricas».

E para que conste e sirva de cédula de notificación en forma a María Hildete Miranda Domingues, na actualidade en domicilio descoñecido expido esta cédula que asino na Coruña o dezaoito de decembro de dous mil dous.

A secretaria xudicial

Rubricado