Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 18 Martes, 28 de xaneiro de 2003 Páx. 1.016

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA NÚMERO DEZ DA CORUÑA

EDICTO (65 e 196/2002).

Enriqueta Roel Penas, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia número dez da Coruña,

Certifico que nos autos seguidos neste xulgado por instancia de Amparo Castro Fernández, contra Juan Antonio Rodríguez Abad, sobre demanda de divorcio

número contencioso número 65 e 196/2002, dictouse sentencia de data 5 de decembro de 2002, e para a súa notificación ó demandado rebelde, acordouse libra-lo seguinte edicto:

«Sentencia.

Na Coruña, cinco de decembro de dous mil dous.

Vistos por Ángel Barrallo Sánchez, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia número dez dos da Coruña e o seu partido, os presentes autos de divorcio, seguidos neste xulgado co número 65 e 196/2002 (acumulados), por instancia de Amparo Castro Fernández, representada pola procuradora Castro Rey e defendida pola letrada Longueira Cascales, sendo parte demandada Juan Antonio Rodríguez Abad, declarado en situación de rebeldía.

Decido que estimando en parte a demanda interposta pola procuradora Pilar Castro Rey, debo declarar e declaro a disolución por divorcio, do matrimonio constituído por Juan Antonio Rodríguez Abad e Amparo Castro Fernández, que tivo lugar en Cabana o 19 de xullo de 1975, cos efectos legais que iso leva consigo.

Sen imposición de custas.

Notifíqueselle ó demandado rebelde, Juan Antonio Rodríguez Abad, na forma legalmente prevista.

Contra esta resolución cabe interpor recurso de apelación que se interporá por escrito ante este mesmo xulgado no termo de cinco (5) días desde a súa notificación.

Firme que sexa a presente resolución, comuníqueselle ó Rexistro Civil correspondente, para os efectos de practica-las anotacións pertinentes.

Así, por esta miña sentencia, definitivamente xulgando en primeira instancia, o pronuncio, o mando e o asino».

E para que conste e sirva de notificación ó demandado rebelde Juan Antonio Rodríguez Abad, estendo esta cédula na Coruña, 17 de decembro de 2002.

A secretaria xudicial

Rubricado

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN

DE NOIA