O alcalde, por Decreto do 3-12-2002, aprobou o sistema de selección, bases e convocatoria para a provisión con carácter definitivo dos seguintes postos de traballo vacantes (oferta de emprego para o ano 2000):
Persoal funcionario:
Posto: administrativo de urbanismo.
Publicación íntegra bases e convocatoria: BOP de Ourense nº 3, do 4 de xaneiro de 2003 (inclúese temario e modelo de instancia).
Prazo de presentación de instancias: os vinte días naturais seguintes ó de publicación do extracto da convocatoria no BOE.
Sistema de selección: concurso-oposición.
Os sucesivos anuncios desta convocatoria publicaranse no BOP de Ourense e no taboleiro de edictos deste concello.
Verín, 9 de xaneiro de 2003.
Juan Manuel Jiménez Morán
Alcalde