Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 17 Luns, 27 de xaneiro de 2003 Páx. 1.000

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO de aprobación inicial do estudio de detalle no cuarteirón 91 do PEEC, definido polas rúas Lóriga, Ecuador, Panamá e Venezuela. (Expediente 7663/411).

O Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo, en sesión do 9 de xaneiro de 2003, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

Primeiro.-Aprobar inicialmente o estudio de detalle para a ordenación de volumes, reaxuste de aliñacións interiores e fixación de rasantes de patio de cuarteirón, no cuarteirón nº 91 do PEEC presentado polo mercantil Apartamentos Paseo Marítimo, S.L. e redactado polos arquitectos Alberto de Cominges Molíns e Pedro de la Puente Crespo, con data do visado do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia do 7 de maio e 3 de novembro de 2002.

Segundo.-Sométase o expediente ó trámite de información pública polo prazo dun mes, mediante publicación de anuncio no Diario Oficial de Galicia e nun dos xornais de maior circulación da provincia e notificación individual a tódolos propietarios do ámbito.

O prazo de exposición ó público entenderase aberto desde a primeira publicación ata o remate do mes,

contados desde o derradeiro anuncio. A documentación atópase na oficina de información da Xerencia Municipal de Urbanismo ó dispor do público, planta baixa do edificio da xerencia.

O presente anuncio servirá de notificación nos termos do artigo 59 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común para tódolos propietarios e interesados directamente afectados que por resultaren descoñecidos ou ignorando o seu enderezo non poidan ser notificados persoalmente.

Vigo, 16 de xaneiro de 2003.

Lóis Pérez Castrillo

Alcalde-presidente da Xerencia

Municipal de Urbanismo

XESTIÓN URBANÍSTICA DA CORUÑA, S.A