Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 17 Luns, 27 de xaneiro de 2003 Páx. 999

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VERÍN

RESOLUCIÓN do 7 de xaneiro de 2003 referente á convocatoria de concurso-oposición para cubrir un posto de auxiliar administrativo da policía local, vacante no cadro de persoal de funcionarios de carreira do concello.

O alcalde, por Decreto do 3-12-2002, aprobou o sistema de selección, bases e convocatoria para a provisión con carácter definitivo dos seguintes postos de traballo vacantes (oferta de emprego para o ano 2000):

Persoal funcionario:

Posto: auxiliar administrativo da policía local.

Publicación íntegra bases e convocatoria: BOP de Ourense nº 294, do 24 de decembro de 2002 (inclúese temario e modelo de instancia).

Prazo de presentación de instancias: os vinte días naturais seguintes ó de publicación do extracto da convocatoria no BOE.

Sistema de selección: concurso-oposición.

Os sucesivos anuncios desta convocatoria publicaranse no BOP de Ourense e no taboleiro de edictos deste concello.

Verín, 7 de xaneiro de 2003.

Juan Manuel Jiménez Morán

Alcalde